Orde do 27 de xuño de 1990 pola que se desenvolve o Decreto 186/1985, do 18 de xullo, polo que se establece o uso obrigatorio da cartilla de saúde infantil galega.

 

O Decreto 186/1985 establece o uso obrigatorio e gratuíto da cartilla de saúde infantil para tódolos menores de quince anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na citada cartilla recóllense, dun xeito único e homoxéneo, tódolos datos fundamentais sobre a saúde do neno, así como as actuacións médicosanitarias desenvolvidas durante a idade infantil.

O modelo oficial desta cartilla establécese como anexo do citado decreto, segundo se recolle no seu artigo 6º.

Un dos datos fundamentais que se rexistran nela é o crecemento do neno, para o que se introducen as táboas antropométricas de uso habitual entre os profesionais sanitarios e que, no momento da creación da cartilla, eran os estándares anglosaxóns, ó non existiren estudios máis adaptados ó noso medio. A existencia na actualidade de gráficas nacionais fai aconsellable a súa substitución.

Con tal obxecto, e en exercicio das atribucións que me están recoñecidas na disposición derradeira do citado decreto,

 

DISPOÑO:

 

Único.-

O anexo do Decreto 186/1985, do 18 de xullo, queda redactado do xeito que se especifica no anexo desta orde.

 

DISPOSICION DERRADEIRA

 

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vease también