Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

A consecución do aproveitamento eficiente de tódolos recursos sanitarios de Galicia, de xeito que se lles garanta ós cidadáns unha asistencia integral de calidade e en condicións de igualdade, esixe a introducción dunha serie de melloras na organización dos servicios sanitarios, entre as cales se estab1ece a imprantación dun novo sistema de información baseado na tarxeta sanitaria.

O sistema de tarxeta sanitaria contará cun método de identificación persoalizada dos cidadáns galegos adscritos ó sistema sanitario público, que permitirá á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais levar a cabo unha ordeación dos recursos máis racional e axustada á realidade. No ámbito da planificación e xestión das prestacións e servicios sanitarios, este novo instrumento facilitará apoio técnico para a aplicación de medidas tendentes a optimiza-lo gasto sanitario, para asegurar unha maior eficiencía dos recursos. Neste sentido, a súa estructura deberá estar dotada da flexibilidade suficiente como para adaptarse ós posibles cambios nos esquemas organizativos, tales como a separación entre as funcións de compra e provisión de servicios, a autonomía de xestión de centros ou a introducción de novos criterios para a elección de facultativo.

A tarxeta sanitaria é o documento que incorpora parte dos datos procesados por este sisterna de información, mediante unha determinada tecnoloxía que irá evolucionando dacordo co grao de desenvolvemento do sector sanitario. En calquer caso, a información que conteña cada tarxeta, tanto de forma visible como a gravada internamente, respostará á súa función credencial, e facilitará a xestión dos procesos que van asociados á dita función. Así, este documento singularizado, pero idéntico para tódolos cidadáns, garantirá ó seu portador un acceso á asistencia sanitaria en condicións de igualdade, ó non facer distinción polo título a través do cal se adquirira o dereito á prestación sanitaria. O feito de que este novo servicio identifique persoalmente a cada cidadán contribuirá á introducción dunha serie de melloras na xestión como son, entroutras, a desvinculación da adscrición médica da afiliación, a unificación do acceso á documentación sanitaria en calquer nivel do sisiema, ou a axilización de certos tramites administrativos, para dispoñer un contorno máis apropiado á natureza dos servicios sanitarios.

A nova configuración das relacións entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde referida no Decreto 198/ I994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, xunto coa experiencia acadada na fase inicial da imprantación da tarxeta sanitaria, esixe efectuar unha nova regulamentación da mesma.

Este decreto e o seu desenvolvemento teñen como fin adapta-la imprantación da tarxeta sanitaria ó contexto actual e establece-las funcións reservadas tanto á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, coma o Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co anterior, e a virtude do previsto no artigo 33 do Estatuto de autonomía, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dazaseis de xuño de mil novecentos noventa e cinco,

 

DISPOÑO:

 

1. A tarxeta sanitaria é o documento emitido pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que identifica os cidadáns residentes en Galicia protexidos polo sistema sanitario público, e lles acredita para o acceso ós servicios e prestacións sanitarias que teñan legalmente recoñecidas, financiadas a través da Xunta de Galicia.

 

2. l. Á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais corresponderalle a planificación, xestión e avaliación da imprantación de tarxeta sanitaria; o deseño e mantemento da estructura básica do sistema de información integrada; a determinación das características da tarxeta sanitaria, así como a información que se debe incluir neste documento.

2. Para acada-los fins sinalados, o Servicio Galego de Saúde encargarase da xestión daqueles aspectos relacionados coa imprantación da tarxeta sanitaria que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais determine.

 

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

 

Para efectos da prestación da asistencia sanitaria aludida no artigo 1, a cartilla da Seguridade Social seguirá vixente ata que remate o período de imprantación da tarxeta sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

 

Queda derogada a Orde do 7 de octubro de 1993, pola que se regula a tarxeta sanitaria individual no Servicio Galego de Saúde.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

Primeira.- Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dicta-las disposicións necesarias para a execución do disposto no presente Decreto.

 

Segunda.- O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Vease también