Decreto 271/1994, do 29 de xullo, polo que se aproba a relación de procedementos iniciados a solicitude dos interesados, dos que sexa competente para resolve-la Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os seus organismos autónomos, e nos que a falta de resolución expresa da Administración produce efectos desestimatorios ou estimatorios.

 

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, introduce importantes novidades, entre elas, en particular, unha nova concepción do réxime dos actos presuntos, polo que, en aplicación das previsións recollidas no seu artigo 43.5 e dentro do prazo sinalado na súa disposición adicional terceira, segundo a redacción dada a esta polo Real decreto-lei 14/1993, do 4 de agosto, se fai necesario determinar, respecto de cada procedemento, os prazos para resolver e os efectos desestimatorios ou estimatorios que a falta de resolución expresa produce.

Por iso, e co obxecto de facilitarlles ós administrados un mellor coñecemento dos seus dereitos e de garantirlles unha maior seguridade xurídica, examinados os procedementos administrativos nos que intervén a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e de acordo coa disposición adicional terceira e co artigo 43.5 da devandita lei, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa

reunión do día vintenove de xullo de mil novecentos noventa e catro,

 

DISPOÑO:

 

1. Apróbase a relación recollida no anexo I do presente decreto dos procedementos administrativos de competencia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os seus organismos autónomos nos que a falta de resolución expresa por parte da Administración nos prazos expresamente previstos para cada un deles, produce efectos desestimatorios.

 

2. Apróbase a relación recollida no anexo II do presente decreto dos procedementos administrativos de competencia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os seus organismos autónomos nos que a falta de resolución expresa por parte da Administración nos prazos expresamente previstos para cada un deles, produce efectos estimatorios.

 

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

 

Á entrada en vigor do presente decreto, quedan derrogadas ou modificadas tódalas normas de calquera rango que se opoñan ó disposto nel, en virtude da habilitación ó Goberno para a adecuación normativa prevista na disposición adicional 3ª da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

Primeira.- O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Segunda.- Facúltase ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento do establecido no presente decreto.


ANEXO I

 

PROCEDEMENTOS NOS QUE A FALTA DE RESOLUCIÓN EXPRESA PRODUCE EFECTOS DESESTIMATORIOS

Procedemento

Normativa de Aplicación

Prazos para resolver

Axudas para situacións de emerxencia social.

Decreto 375/1991, do 24 de outubro (D.O.G. nº. 215, 6-11-91).

3 meses

Acollemento familiar para persoas

maiores e minusválidos.

Decreto 225/1994, do 7 de xullo (D.O.G. nº. 141, 22-7-94).

2 meses

Subvencións para prestación de servicios sociais polas asociacións e outras

entidades de iniciativa social.

Orde do 20 de maio de 1994 (D.O.G. nº. 104, 1-6-94).

3 meses

Axudas para a prestación de servicios

sociais polas corporacións locais

Orde do 20 de maio de 1994 (D.O.G. nº. 140, 1-6-94).

3 meses

Axudas individuais non periódicas

para minusválidos e terceira idade.

Orde do 25 de abril de 1994 (D.O.G. nº. 84, 3-5-94).

3 meses

Axudas individuais para o tratamento de drogodependencias en comunidades terapéuticas.

Orde do 3 de maio de 1994 (D.O.G. nº. 100, 26-5-94).

3 meses

Residencias da terceira idade.

- Ingresos

- Traslados

Circular 2-1-88 do 23 de febreiro (INSERSO/ Ministerio de Traballo e Seguridade Social).

3 anos caducidade

1 ano caducidade

Solicitudes de autorización de centros sanitarios extractores e transplantadores de órganos.

1.- Autorización de extracción de órganos.

2.- Autorización de transplante de órganos.

- Lei 30/1979, do 27 de outubro.

- Orde de 10 de xullo de 1987 (D.O.G. nº. 162 do 25 de agosto de 1987).

3 meses

Recoñecemento de gastos ou indemnizacións por asistencia médica, asistencia farmacéutica ou doazón de órganos.

- Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20

de xuño (B.O.E. nº. 154, 29-6-94).

3 meses

Petición de asistencia en centros distintos ós adscritos ou no extranxeiro.

Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (B.O.E. nº. 154, 29-6-94).

1 meses

Autorización de tratamento con hormona do crecemento ou outros tratamentos sometidos a especial control ou autorización pola Administración sanitaria.

Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (B.O.E. nº. 154, 29-6-94).

3 meses

Concesión de próteses e vehículos de inválidos.

Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (B.O.E. nº. 154, 29-6-94).

3 meses

Recoñecemento de gastos ou indemnización por transporte de enfermos.

Real Decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (B.O.E. nº. 154, 29-6-94).

3 meses

Expedición e renovación do carné de manipuladores de alimentos.

- Decreto 239/1986, do 24 de xullo (D.O.G. nº. 154, 11-8-86).

- Orde do 20 de abril de 1987 (D.O.G. nº. 116, 2-6-87).

7 días naturais.

 

 

Procedemento

Normativa de Aplicación

Prazos para resolver

Informe sanitario para transporte e distribución de auga potable de consumo público mediante contenedores, cubas móbiles, etc, en situacións de emerxencia.

- Real decreto 1.138/1990, do 14 de setembro (B.O.E. nº 226, 20-9-90).

1 día

Autorización sanitaria para o proxecto de construcción en lugares especiais de enterramentos.

- Decreto 133/1982, do 4 de novembro (D.O.G. nº 30, 4-12-82).

3 meses

Reclamacións por incumprimento da normativa sobre promoción, venda e consumo de tabaco.

- Decreto 113/1993, do 12 de maio (D.O.G. nº 110, 11-6-93).

- Real decreto 1.904/1993 (B.O.E. nº 36, 11-2-94).

3 meses

Certificado de exportación de productos cárnicos.

- Real decreto 1.316/1992, do 30 de outubro (B.O.E. nº 11, 13-1-93).

7 días

Certificado de exportación de productos da pesca.

- Real decreto 1.437/1992, do 27 de novembro (B.O.E. nº 11, 13-1-93).

7 días

Certificado de exportación de ovos e ovoproductos.

- Real decreto 1.348/1992 do 6 de novembro (B.O.E. nº 292, 5-12-92).

7 días

Certificado de exportación de productos lácteos.

- Orde do 26 de maio de 1993 (B.O.E. nº 128, 29-5-93).

7 días

Declaración de fundacións de interese galego.

- Lei 7/1983, do 22 de xuño (D.O.G. nº 89, 20-7-83) modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro (D.O.G. nº 219, 12-11-91).

- Decreto 248/1993, do 18 de xuño (D.O.G. nº 161, 19-8-94).

2 meses

En xeral tódolos procedimentos ós que fai referencia o artigo 43.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

 

 

 

 ANEXO II

 

PROCEDEMENTOS NOS QUE A FALTA DE RESOLUCIÓN EXPRESA PRODUCE

EFECTOS ESTIMATORIOS

 

Procedemento

Normativa de Aplicación

Prazos para resolver

Autorizacións de servicios médicos de empresa.

- Constitución de S.M.E. e de Asoc. de mancomunidades de S.M.E.

-Asistencia médico-farmacéutica (art. 53

do regulamento).

- Nomeamentos definitivos do persoal de

S.M.E.

- Orde do 21-11-1959 do Ministerio de Traballo (B.O.E. nº 284, do 27-11-59)

3 meses

Rexistro de entidades prestadoras de

servicios sociais.

Decreto 95/1994, do 8 de abril (D.O.G. nº 80, 27-4-94)

4 meses

Medidas básicas para inserción social.

Renda de integración social.

Lei 9/1991, do 2 de outubro (D.O.G. nº 191, 3-10-91)

Decreto 374/1991 do 24 de outubro (D.O.G. nº 214, 5-11-91) art. 9.2.

3 meses

Solicitudes de autorización ou acreditación de centros, servicios e establecementos sanitarios:

- Autorización administrativa previa.

- Autorización de apertura e posta en funcionamento.

-Decreto 99/1984, do 27 de xuño (D.O.G. nº 120, 23-6-84).

- Decreto 147/1984, do 13 de setembro

(D.O.G. nº 193, 6-10-84).

- Orde do 7 de novembro de 1984

(D.O.G. nº 236, 11-12-84).

-Orde do 24 de setembro de 1986

(D.O.G. nº 197, 10-10-84).

- Orde do 7 de xullo de 1988 (D.O.G. nº

195, 10-10-88)

-Orde do 27 de maio de 1993 (D.O.G. nº 113, 16-6-93).

6 meses

Solicitudes de recoñecemento de interese sanitario.

- Orde do 7 de maio de 1992 (D.O.G. nº 103, 1-6-92)

4 meses

Concesións de vacacións e dos distintos permisos e licencias do persoal estatutario.

Estatuto do persoal médico da Seguridade Social.

Estatuto do persoal sanitario non facultativo da Seguridade Social.

Estatuto do persoal non sanitario da Seguridade Social.

De acordo co establecido con carácter xeral pola Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Autorización sanitaria para levar a cabo a campaña de matanzas domiciliarias.

 

15 días naturais

Autorización sanitaria de comedores colectivos.

- Real decreto 2.817/1983, do 13 de outubro (B.O.E. nº 270, 11-11-83).

3 meses

Emisión de informes que esixen estudios e exames de proxectos.

Regulamentación técnico-sanitaria específica.

3 meses

 

 

Procedemento

Normativa de Aplicación

Prazos para resolver

- Autorizacións sanitarias previas á

inscrición no rexistro xeral sanitario de

alimentos.

- Autorizacións previas á inscrición inicial.

- Validación.

- Cambio de domicilio.

- Ampliación de actividade.

- Ampliación de instalacións.

- Reducción de actividade.

 

- Cambio de titularidade.

- Baixa de productos.

- Cesamento ou baixa de industria.

- Asento de productos.

 

- Específico: autorizacións previas ás inscricións no rexistro de preparados alimenticios para réximes dietéticos e/ou especiais, augas minerais naturais e augas de manancial.

- Real Decreto 1.712/1991, do 29 de novembro (B.O.E. nº 290, 4-12-91)

 

6 meses

 

 

 

 

 

 

 

 

3 meses

 

 

 

 

3 meses

 

Autorización sanitaria de vehículos para transporte de productos alimentarios.

- Orde do 6 de xullo de 1993 (B.O.E. nº 172, 20-7-93)

3 meses

 

Autorización sanitaria de vehículos para transporte de productos alimenticios a temperatura regulada.

- Real decreto 2.483/1986, do 14 de novembro (B.O.E. nº 291, 5-12-86)

3 meses

 

Autorización sanitaria de piscinas.

- Proxecto de construcción.

- Reapertura de piscinas de temporada.

- Decreto 53/1989, do 9 de marzo (D.O.G. nº 75, 10-4-89)

2 meses

1 mes

 

Informes sanitarios sobre sistemas de abastecementos de auga potable de consumo público.

-Proxecto de construcción ou modificación.

-Posta en funcionamento.

- Real decreto 1.138/1990, do 14 de setembro (B.O.E. nº 226, 20-9-80)

 

 

 

 

3 meses

2 meses

 

Autorización sanitaria de cemiterios.

 

- Aprobación do proxecto do novo

cemiterio.

- Aprobación do proxecto de ampliación ou

reforma.

- Aprobación do proxecto de instalación no

lugar excepcional.

- Apertura nos 3 casos anteriores.

- Clausura de cemiterios.

- Recollida e traslado de restos humanos.

- Apertura para os proxectos de inhumación en lugares especiais.

- Decreto 133/1982, do 4 de novembro

(D.O.G. nº 30, 4-12-82).

- Decreto 137/1986, do 30 de abril (D.O.G. nº 98, 12-5-86)

 

 

 

 

2 meses

 

2 meses

 

6 meses

1 mes

2 meses

1 mes

 

1 mes

Autorización sanitaria:

- Traslado de cadáveres fóra da Comunidade Autónoma.

- Exhumación de cadáveres.

- Vehículos funerarios.

- Establecemento de empresas funerarias.

- Decreto 2.263/1974, do 20 de xullo (B.O.E. 17-8-74)

 

 

1 día

 

3 días

1 mes

 

Obtención de libros de control sanitario de industrias de productos cárnicos.

- Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro (B.O.E. nº 61, 12-3-93).

2 meses

3 meses

Obtención de libros de control sanitario de industrias de productos da pesca.

- Real decreto 1.437/1992, do 27 de novembro (B.O.E. nº 11, 13-1-93)

3 meses

Obtención de libros de control sanitario de industrias de ovos e ovoproductos.

- Real decreto 1.348/1992, do 6 de novembro (B.O.E. nº 292, 15-12-92).

3 meses

Obtención de libros de control sanitario de industrias de productos lácteos.

- Orde do 26 de maio de 1993 (B.O.E. nº 128, 29-5-93).

3 meses

En xeral, tódolos procedimentos ós que fai referencia o artigo 43.2 la Lei 30/1992, do 26 de novembro.