Orde do 12 de novembro de 1986, pola que se crea a Comisión Asesora en materia de saúde mental.

A transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de planificación sanitaria fai posible, por primeira vez, desenvolver unha atención sanitaria axeitada á realidade da nosa nacionalidade histórica. 
Para tal fin e coa decidida vontade de impulsa-la saúde mental, a Consellería considerou conveniente convocar un grupo de expertos para que colaborasen na elaboración dun plan de saúde mental que dea resposta adecuada ás necesidades da sociedade galega. Dada a importancia que este plan vai ter para a nosa Comunidade Autónoma, parece agora conveniente oficializar este grupo de traballo converténdoo en Comisión Asesora en materia de saúde mental. 
Na súa virtude, en uso das facultades que me confiren os artigos 23.6 e 36.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (D.O.G. n.° 23 do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu Presidente,

DISPOÑO:

 

1. O grupo de traballo integrado por expertos en saúde mental que vén colaborando en traballos da súa especialidade queda constituído como Comisión Asesora da Consellería de Sanidade e Seguridade Social en materia de saúde mental, adscrita á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

 

2. A Comisión Asesora en materia de saúde mental terá os seguintes fins:

a) Asesorar á Consellería de Sanidade e Seguridade Social en materia de saúde mental.

b) Emitir informes e realizar estudios sobre aspectos concretos da atención en materia de saúde mental, ben por propia iniciativa ou a solicitude da Consellería de Sanidade e Seguridade Social.

c) Concluír, no prazo de seis meses a partir da súa constitución, unha proposta de plan de saúde mental para a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

3. O nomeamento e a remoción dos membros da Comisión Asesora en materia de saúde mental será efectuado polo Conselleiro de Sanide e Seguridade Social entre persoas de recoñecido prestixio no campo da saúde mental.

 

4. A comisión asesora da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en materia de saúde mental estará formada polos seguintes membros:

Tiburcio Angosto Saura.

Adolfo Bobadilla Pardos.

Mª Dolores Domínguez Santos.

Miguel Anxo García González.

Emilio González Fernández.

José Manuel Lado Romero.

Mª Sol López Ares.

Fernando Márquez Gallego.

Federico Menéndez Osorio.

Arturo Rey Rodríguez.

Antonio Rodríguez López.

Purificación Sevilla Formariz.

Alejandro Torres Carbajo.

Ignacio Tortajada Bonaselt.

Francisco Vidal Pardo.

Manuel Aguilar López, director xeral de Servicios Sociais. 
Manuel Araújo Gallego, comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

Mª José Rubio Vidal, subdirectora xeral do Programa de Atención Sociosanitaria.

Mario Páramo Fernández, xefe do Servicio de Saúde Mental, Docencia e Investigación en Atención Especializada.

 

5. A comisión asesora da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en materia de saúde mental estará presidida polo director xeral de Atención Especializada, e actuará como secretario un funcionario da dita dirección xeral.
 
DISPOSICIÓN DERRADEIRA

 

Facúltase o director xeral de Atención Especializada para adopta-las medidas adecuadas en relación coa execución e desenvolvemento da presente orde.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS

 

Primeira.- Facúltase ó Director Xeral de Asistencia Sanitaria para toma-las medidas adecuadas en relación coa execución e o desenvolvemento desta Orde.

Segunda.- Esta Orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.