Decreto 55/1989, do 5 de abril, polo que se aproba a revisión do mapa sanitario de Galicia.

 
A Lei Xeral de Sanidade, do 25 de abril de 1986, establece no seu artigo 51.2 que a ordenación territorial dos servicios será competencia das Comunidades Autónomas.

O Decreto 126/1984, do 27 de xullo, que aprova o Mapa Sanitario de Galicia, posibilita, no seu artigo segundo, a revisión do mesmo, introducindo as modificacións que aconsellan as circunstancias sanitarias que concorran en cada momento.

Para tal efecto, a Consellería de Sanidade procedeu a realiza-la dita revisión con criterios institucionais e de participación democrática das Corporacións Locais, colexios profesionais, asociacións de empresarios, sindicatos de traballadores e organismos e institucións responsables da sanidade ós que sen excepción se lles deu trámite de audiencia.

A experiencia adquirida nos anos de vixencia do Mapa e a acumulada na implantación do novo modelo de atención primaria, así como a necesidade de acercalos medios sanitarios á poboación, obxectivo permanente de actuación da Consellería de Sanidade, aconsellan proceder á súa revisión introducindo as seguintes modificacións:

a) A reducción de sete a catro niveis (rexión sanitaria, área de saúde, zona sanitaria de atención integrada e zona de saúde de atención primaria), o que supón unha gran simplificación.

b) A redistribución das zonas de atención primaria, nas que non se mantén necesariamente o nivel municipal e se contempla, en ocasións, a agrupación de concellos, como unidade básica funcional de saúde que vai servir de marco territorial de actuacións ós equipos de saúde.

c) A ordenación da atención especializada en zonas sanitarias de atención integrada que se perfilan funcionalmente como auténticas comarcas sanitarias.

d) A maior precisión na definición das áreas de saúde.

Na súa virtude, e de conformidade co disposto no artigo 37.1,a) da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a proposta do Conselleiro de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de abril de mil novecentos oitente e nove,

 

DISPOÑO:

 

1. Apróbase a revisión do Mapa Sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos que figuran no anexo do presente Decreto.

2. Son unidades básicas de atención primaria cada unha das demarcacións municipais nas que se ordena o territorio da Comunidade Autónoma galega. 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.- A zonificación establecida polo Mapa Sanitario de Galicia substitúe a anterior delimitación de partidos e distritos sanitarios.

Non obstante, mentres non se constitúan e poñan en funcionamento os Equipos de Saúde, os partidos e, se é o caso, os distritos sanitarios, continuarán sendo o marco territorial no cal os funcionarios sanitarios locais prestarán os seus servicios.

No suposto de que algún funcionario sanitario local non se integre no equipo de saúde correspondente, continuará desempeñando as súas funcións no ámbito territorial do partido e, se é o caso, do distrito sanitario no que ocupe praza, extinguíndose o dito partido con ocasión de vacante e resultando en tal momento transferidas ó equipo as funcións propias do seu titular.
 

Segunda.- Os equipos de saúde que á entrada en vigor do presente Decreto estean en funcionamento ou estea autorizada a súa creación pola Consellería de Sanidade, desenvolverán a súa función no novo marco territorial que establece o Mapa Sanitario de Galicia substituíndo a dita delimitación á anterior de partidos e, se é o caso, distritos sanitarios, sen prexuício do disposto na disposición anterior respecto á integración nos mesmos dos funcionarios sanitarios locais.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

Nas zonas de saúde de atención primaria de Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e naquelas zonas en que así o aconsellen razóns demográficas e socio-sanitarias, facúltase ó Conselleiro de Sanidade para dividi-las ditas zonas de saúde de atención primaria en tantas outras como resulten da aplicación de módulos demográficos de en torno a 25.000 habitantes.
 
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
 

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior categoría se opoñan ó establecido no presente Decreto e en particular o anexo do Decreto 126/1984, do 27 de xullo, polo que se aproba o mapa Sanitario de Galicia.

 

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

 

O presente Decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

INTRODUCIDA POLO DECRETO

352/1998, DO 27 DE NOVEMBRO

 

Deixan de ser zonas de saúde de atención primaria aquelas que, conforme o Decreto 55/1989, estiveran integradas por un só municipio.

 

ANEXO

 

O Mapa Sanitario, como división funcional do espacio, ten dous fins principais que son delimita-las zonas funcionais onde se ubicarán os servicios sanitarios e estructura-los medios sanitarios que se van poñer ó alcance da poboación nunha serie de niveis ascendentes de poboación de prestación de servicios.

Como resultado deste plan diferéncianse os medios sanitarios en catro niveis de atención que son:
 

ZONA DE SAÚDE DE ATENCION

PRIMARIA

 

É a demarcación xeográfica e poboacional que serve de marco territorial para a prestación da atención primaria de saúde.

As zonas de saúde de atención primaria son:

1.1.-ZSAP de Mugardos: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Ares.

1.2.-ZSAP de Pontedeume: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Cabanas e Monfero.

1.3.-ZSAP de Fene: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de A Capela.

1.5.-ZSAP de Neda: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Somozas, Moeche e San Sadurniño.

1.9.-ZSAP de Cedeira: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Cerdido.

1.10.-ZSAP de Ortigueira: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Cariño e Mañón.

1.11.-ZSAP de Abegondo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Cesuras e Oza dos Ríos.

1.12.-ZSAP de Miño: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Vilarmaior.

1.13.-ZSAP de Curtis: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Aranga, Vilasantar e Sobrado.

1.14.-ZSAP de Betanzos: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Coirós, Irixoa e Paderne.

1.15.-ZSAP de Cambre: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Cerceda e Carral.

1.16.-ZSAP de Sada: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Bergondo.

1.21.-ZSAP de Ponteceso: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Laxe e Cabana.

1.23.-ZSAP de Vimianzo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Camariñas e as parroquias de Allo, Baio e Vilar do concello de Zas.

1.28.-ZSAP de Cee: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Corcubión, Dumbría, Fisterra e a zona de O Ézaro-O Pindo (parroquia de Ézaro do concello de Dumbría e os lugares de Quilmos e O Pindo do concello de Carnota).

1.31.- ZSAP de A Estrada: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o Concello de Cuntis.

1.34.-ZSAP de Lalín: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Dozón, Agolada e Rodeiro.
1.35.-ZSAP de Arzúa: con cabeceira no cita do concello, comprende ademais o concello de Boimorto.

1.36.-ZSAP de Melide: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Santiso e Toques.

1.37.-ZSAP de Muros: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Carnota (excepto os lugares de Quilmos e O Pindo).

1.40.-ZSAP de Noia: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Lousame.

1.41.-ZSAP de Ordes: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Frades, Mesía, Oroso e Tordoia.

1.42.-ZSAP de Valga: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Pontecesures.

1.43.-ZSAP de Padrón: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Dodro e Rois.

1.47.-ZSAP de Santa Comba: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Zas (excepto Allo, Baio e Vilar).

1.48.-ZSAP de Ames: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Brión.

1.49.-ZSAP de Negreira: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de A Baña.

1.50.-ZSAP de O Pino: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Touro.

1.52.-ZSAP de Teo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Vedra.

1.53.-ZSAP de Santiago de Compostela: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Trazo e Boqueixón.

1.56.-ZSAP de Caldas de Reis: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Moraña e Portas.

1.57.-ZSAP de Forcarei: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Cerdedo.

1.58.-ZSAP de Meis: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Barro.

1.59.-ZSAP de Ponte-Caldelas: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de A Lama.
1.60.-ZSAP de Soutomaior: con cabeceira no citado concello, comprende ademais a parroquia de Pontesampaio do concello de Pontevedra.

1.63.-ZSAP de Pontevedra: con cabeceira no citado concello (excepto Pontesampaio), comprende ademais os concellos de Campo Lameiro e Cotobade.

1.65.-ZSAP de Sanxenxo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Meaño.

1.66.-ZSAP de Cambados: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Ribadumia.

1.67.-ZSAP de Vilanova de Arousa: con cabeceira no citado concello (excepto a parroquia de Baión).

1.68.-ZSAP de Vilagarcía de Arousa: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Catoira e a parroquia de Baión (Vilanova de Arousa).

1.71.-ZSAP de A Cañiza: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Crecente.

1.72.-ZSAP de Mondariz: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Covelo e Mondariz _ Balneario.

1.73.-ZSAP de As Neves: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Arbo.

1.77.-ZSAP de O Porriño: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Salceda de Caselas.

1.78.-ZSAP de Pazos de Borbén: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Fornelos de Montes.

1.80.-ZSAP de A Guarda: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Oia e O Rosal.

1.83.-ZSAP de Val Miñor: con cabeceira no concello de Nigrán, comprende ademais os concellos de Baiona e Gondomar.

1.85.-ZSAP de Avión: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Beariz.

1.87.-ZSAP de Maside: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Punxín e San Amaro.

1.88.-ZSAP de San Cristovo de Cea: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Piñor de Cea.
1.89.-ZSAP de O Carballiño: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de O Irixo.

1.90.-ZSAP de Bande: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Lobeira e Muíños.

1.91.-ZSAP de Lobios: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Entrimo.

1.93.-ZSAP de Ramirás: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Gomesende.

1.94.-ZSAP de Celanova: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Quintela de Leirado, A Bola, A Merca e Verea.

1.95.-ZSAP de Allariz: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Taboadela e Xunqueira de Ambía.

1.96.-ZSAP de Castro Caldelas: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Chandrexa de Queixa, Montederramo, Parada do Sil e A Teixeira.

1.97.-ZSAP de Coles: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de A Peroxa (excepto as parroquias de Beacón, Celaguantes e Os Peares) e Vilamarín.

1.98.-ZSAP de Maceda: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz e Xunqueira de Espadanedo.

1.99.-ZSAP de Pereiro de Aguiar: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Nogueira de Ramuín (excepto as parroquias de Moura, Viñoas e Carballeira).

1.100.-ZSAP de Os Peares: formada por as parroquias de Campos, Temes, Oleiros, San Xoán da Cova do concello de Carballedo (Lugo), Pombeiro e Atán do concello de Pantón (Lugo); Moura, Viñoas e Carballeira do concello de Nogueira de Ramuín (Ourense); e Beacón, Celagüantes, Os Peares do concello de A Peroxa (Ourense).

1.101.-ZSAP de Ourense: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Amoeiro, Barbadás, San Cibrao das Viñas e Toén.

1.102.-ZSAP de Cortegada: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Pontedeva e Padrenda.
1.103.-ZSAP de Ribadavia: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Carballeda de Avia, Arnoia, Beade, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro e Melón.                                                                                                   

1.104.-ZSAP de A Gudiña: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de A Mezquita.

1.105.-ZSAP de Monterrei: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Cualedro.

1.106.-ZSAP de Verín: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Castrelo do Val, Laza, Oímbra, Vilardevós e Rios.

1.107.-ZSAP de Xinzo de Limia: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Trasmiras, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás e Vilar de Santos.

1.108.-ZSAP de A Rúa: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de O Bolo, Larouco, Petín e Vilamartín de Valdeorras.

1.109.-ZSAP de Pobra de Trives: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Manzaneda e Río.

1.110.-ZSAP de Viana do Bolo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello deVilariño de Conso.

1.112.-ZSAP de O Barco: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Carballeda e Rubiá.

1.113.-ZSAP de Chantada: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Carballedo (excepto as parroquias de Campos, Temes, Oleiros e San Xoán da Cova).

1.114.-ZSAP de Pantón: con cabeceira no citado concello (excepto as parroquias de Pombeiro e Atán), comprende ademais o concello de Sober.

1.115.-ZSAP de Quiroga: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Ribas de Sil.

1.118.-ZSAP de Monforte de Lemos: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Bóveda e Pobra de Brollón, e as parroquias de Castelo, Cuvela e Noceda do concello de O Incio.

1.122.-ZSAP de Becerreá: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Baralla e As Nogais.
1.123.-ZSAP de Castro de Rei: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Pol.
1.124.-ZSAP de Castroverde: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Baleira.

1.125.-ZSAP de A Fonsagrada: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Negueira de Muñiz.

1.126.-ZSAP de Guntín: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Portomarín.

1.127.-ZSAP de A Pontenova: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Riotorto.

1.128.-ZSAP de Meira: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de A Pastoriza e Ribeira de Piquín.

1.129.-ZSAP de Monterroso: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Antas de Ulla.

1.132.-ZSAP de Rábade: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Begonte e Outeiro de Rei.

1.137.-ZSAP de Samos: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Triacastela.

1.138.-ZSAP de Sarria: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de O Incio (sen as parroquias de Castelo, Cuvela e Nocela), Láncara, Paradela e O Páramo.

1.140.-ZSAP de Vilalva: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Abadín, Muras e Xermade.

1.141.-ZSAP de Viveiro: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Ourol e O Vicedo.

1.142.-ZSAP de O Valadouro: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Alfoz.

1.144.-ZSAP de Cervo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Xove.

1.145.-ZSAP de Mondoñedo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais o concello de Lourenzá.
1.146.-ZSAP de Ribadeo: con cabeceira no citado concello, comprende ademais os concellos de Barreiros e Trabada.

 

ZONA SANITARIA DE ATENCIÓN

INTEGRADA

 

É a demarcación xeográfica e poboacional constituída por varias zonas de saúde de atención primaria que serve de marco de actuación á asistencia especializada non hospitalaria.

2.1.-ZSAI de Fene para as ZSAP de Mugardos, Pontedeume e Fene.

2.2.-ZSAI de Ferrol para a ZSAP de Ferrol.

2.3-ZSAI de Narón para as ZSAP de Neda, As Pontes, Valdoviño e Narón.

2.4.-ZSAI de Ortigueira para as ZSAP de Cedeira e Ortigueira.

2.5.-ZSAI de Betanzos para as ZSAP de Abegondo, Miño, Curtis e Betanzos.

2.6.-ZSAI de Culleredo-Burgo para as ZSAP de Cambre, Sada, Oleiros e Culleredo.

2.7.-ZSAI de A Coruña para as ZSAP de Arteixo e A Coruña.

2.8.-ZSAI de Carballo para as ZSAP de Ponteceso, Malpica, Vimianzo, Coristanco, Laracha e Carballo.

2.9.-ZSAI de Cee para as ZSAP de Muxía e Cee.

2.10.-ZSAI de Boiro para as ZSAP de Rianxo e Boiro.

2.11.-ZSAI de A Estrada para as ZSAP de A Estrada

2.12.-ZSAI de Lalín para as ZSAP de Vila de Cruces, Silleda e Lalín.

2.13.-ZSAI de Melide para as ZSAP de Arzúa e Melide.

2.14.-ZSAI de Noia para as ZSAP de Muros, Outes, Porto do Son e Noia.

2.15.-ZSAI de Ordes para as ZSAP de Ordes.

2.16.-ZSAI de Padrón para as ZSAP de Valga e Padrón.

2.17.-ZSAI de Ribeira para as ZSAP de Pobra do Caramiñal e Ribeira.

2.18.-ZSAI de Santa Comba para as ZSAP de Mazaricos e Santa Comba.

2.19.-ZSAI de Santiago de Compostela para as ZSAP de Ames, Negreira, O Pino, Val do Dubra, Teo e Santiago de Compostela.

2.20.-ZSAI de Marín para as ZSAP de Bueu e Marín.

2.21.-ZSAI de Pontevedra para as ZSAP de Caldas de Reis, Forcarei, Meis, Ponte-Caldelas, Soutomaior, Vilaboa, Poio e Pontevedra.
2.22.-ZSAI de Sanxenxo para as ZSAP de O Grove e Sanxenxo.

2.23.-ZSAI de Vilagarcía de Arousa para as ZSAP de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

2.24.-ZSAI de Cangas para as ZSAP de Moaña e Cangas.

2.25.-ZSAI de Ponteareas para as ZSAP de A Cañiza, Mondariz, As Neves, Salvaterra do Miño e Ponteareas.

2.26.-ZSAI de O Porriño para as ZSAP de Mos e O Porriño.

2.27.-ZSAI de Redondela para as ZSAP de Pazos de Borbén e Redondela.

2.28.-ZSAI de Tui para as ZSAP de A Guarda, Tomiño e Tui.

2.29.-ZSAI de Val Miñor para a ZSAP de Val Miñor.

2.30.-ZSAI de Vigo para a ZSAP de Vigo.

2.31.-ZSAI de O Carballiño para as ZSAP de Avión, Boborás, Maside, San Cristovo de Cea e O Carballiño.

2.32.-ZSAI de Celanova para as ZSAP de Bande, Lobios, Cartelle, Ramirás e Celanova.

2.33.-ZSAI de Ourense para as ZSAP de Allariz, Castro Caldelas, Coles, Maceda, Pereiro de Aguiar, Os Peares e Ourense.

2.34.-ZSAI de Ribadavia para as ZSAP de Cortegada e Ribadavia.

2.35.-ZSAI de Verín para as ZSAP de A Gudiña, Monterrei e Verín.

2.36.-ZSAI de Xinzo de Limia para a ZSAP de Xinzo de Limia.

2.37.-ZSAI de O Barco para as ZSAP de Trives, Pobra de Trives, Viana do Bolo, A Veiga e o Barco.

2.38.-ZSAI de Monforte de Lemos para as ZSAP de Chantada, Pantón, Quiroga, O Saviñao, Folgoso do Caurel e Monforte de Lemos.

2.39.-ZSAI de Becerreá para as ZSAP de Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Becerreá.

2.40.-ZSAI de Lugo para as ZSAP de Castro de Rei, Castroverde, A Fonsagrada, Guntín, A Pontenova, Meira, Monterroso, Palas de Reis, Guitiriz, Rábade, Taboada, Friol, O Corgo e Lugo.

2.41.-ZSAI de Sarria para as ZSAP de Samos e Sarria.
2.42.-ZSAI de Vilalba para as ZSAP de Cospeito e Vilalba.                                                                                             

2.43.-ZSAI de Viveiro para a ZSAP de Viviero.

2.44.-ZSAI de Cervo-Burela para as ZSAP de Valadouro, Foz e Cervo-Burela.

2.45.-ZSAI de Ribadeo para as ZSAP de Mondoñedo e Ribadeo.

 

ÁREAS DE SAÚDE

 

Son as estructuras fundamentais do sistema sanitario responsabilizadas da xestión sanitaria dos centros e establecementos comprendidos dentro dos límites territoriais de tódalas prestacións e programas sanitarios que desenvolvan os mesmos.

As Áreas de Saúde son:

3.1.-Área de Saúde de Ferrol

Comprende as ZSAI de: Fene, Ferrol, Narón e Ortigueira.

3.2.-Área de Saúde de A Coruña

Comprende as ZSAI de: Betanzos, Culleredo-O Burgo, A Coruña, Carballo e Cee.

3.3.-Área de Saúde de Santiago

Comprende as ZSAI de: Boiro, A Estrada, Lalín, Melide, Noia, Ordes, Padrón, Ribeira, Sta. Comba e Santiago de Compostela.

3.4.-Área de Saúde de Pontevedra

Comprende as ZSAI de: Marín, Pontevedra, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

3.5.-Área de Saúde de Vigo

Comprende as ZSAI de: Cangas, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Tui, Val Miñor e Vigo.

3.6.-Área de Saúde de Ourense

Comprende as ZSAI de: O Carballiño, Celanova, Ourense, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

3.7.-Área de Saúde de Monforte

Comprende as ZSAI de: O Barco e Monforte de Lemos.

3.8-Área de Saúde de Lugo

Comprende as ZSAI de: Becerreá, Lugo, Sarria e Vilalba.

3.9.-Área de Saúde de Cervo

Comprende as ZSAI de: Viveiro, Cervo-Burela e Ribadeo.

 

REGIÓN SANITARIA

 

É a estructura que engloba dúas ou máis áreas de saúde, ámbito no que se ordenará funcionalmente a prestación da asistencia sanitaria hospitalaria superespecializada que non sexa posible desenvolver a nivel de área de saúde.

As Rexións Sanitarias son as seguintes:

4.1.-Rexión Norte

Área de Saúde de Ferrol.

Área de Saúde de A Coruña.

Área de Saúde de Cervo

4.2.-Rexión Centro

Área de Saúde de Santiago.

Área de Saúde de Lugo.

4.3.-Rexión Sur

Área de Saúde de Pontevedra.

Área de Saúde de Vigo.

Área de Saúde de Ourense.
Área de Saúde de Monforte.