Decreto 66/1987, do 17 de marzo, polo que se asume a ampliación de medios persoais e presupostarios en materia de sanidade (AISNA) e se asignan á Consellería de Sanidade e Seguridade Social.


Polo Real Decreto 1995/1985, do 9 de outubro, traspasáronse a Galicia funcións e servicios en materia de sanidade (AISNA) que foron asumidos e asignados á Consellería de Sanidade e Consumo en virtude do Decreto 240/1985, do 31 de outubro.

Polo Real Decreto 232/1987, do 6 de febreiro, produciuse a ampliación de medios persoais e presupostarios á Comunidade Autónoma de Galicia na citada materia, polo que procede asumilos de maneira expresa e asignalos ós órganos correspondentes da Administración autonómica.

Na súa virtude, a proposta do Conselleiro de Presidencia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de marzo de mil novecentos oitenta e sete,

 

DISPOÑO:

 

1. Queda asumida a ampliación de medios persoais e presupostarios en materia de sanidade (AISNA), traspasados pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real Decreto 232/1987, do 6 de febreiro.

 

2. 1. Asígnaselle á Consellería de Sanidade e Seguridade Social o exercicio das funcións correspondentes ós medios traspasados.

2. Os órganos da citada Consellería exercerán as atribucións que lles correspondan conforme ás normas que regulan a súa estructura.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

Primeira.- O Conselleiro de Sanidade e Seguridade Social dictará cantas disposicións sexan necesarias para a execución deste Decreto e adoptará cantas medidas sexan precisas para a plena executividade dos medios traspasados.

 

Segunda.- Este Decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.