Decreto 34/1991, do 1 de febreiro, polo que se publica a relación de persoal sanitario afectado pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, e polo Decreto 303/1990, do 31 de maio, e se procede á súa integración nos distintos corpos, escalas, subescalas, clases e especialidades.

En cumprimento do establecido na disposición adicional segunda da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e na disposición transitoria segunda do decreto 303/1990, do 31 de maio, en uso das atribucións que me confire o artigo 37.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na sesión celebrada o día un de febreiro de mil novecentos noventa e un,

 

DISPOÑO:

 

1. Por medio deste decreto publicase nos anexos correspondentes a relación, pechada o un de xaneiro de 1991, de tódolos funcionarios dependentes da Consellería de Sanidade afectados pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, e polo Decreto 303/1990, do 31 de maio, que a desenvolve; e procédese á súa integración nos distintos corpos, escalas e, se é o caso, subescalas, clases e especialidades.

 

2. Os funcionarios de carreira que por este decreto resultasen integrados nos distintos corpos, escalas e, se é o caso, subescalas, clases e especialidades, que fosen tranferidos á Xunta de Galicia, quedarán nos corpos e escalas de orixe na situación administrativa prevista no artigo 12.2 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas urxentes para a reforma da función pública.

 

3. O exercicio dos dereitos establecidos para o persoal interino e contratado administrativo nas disposicións transitorias da Lei 17/1989, do 23 de outubro, enténdese referido ó corpo, escala e, se é o caso, subescala, clase ou especialidade en que o dito persoal se encontra relacionada neste decreto.

 

4. Concédese un prazo de un mes, contado a partir da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados presenten as reclamacións que contra el se coiden pertinentes. Contra a resolución das ditas resolucións poderase interpoñer recurso de reposición perante o conselleiro de Sanidade.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

Primeira.- Autorízase á Consellería de Sanidade a dictar cantas disposicións cumpran para a execución e desenvolvemento deste decreto.

 

Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.