Real Decreto 2368/1984, do 19 de decembro, sobre valoración definitiva, ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados e adaptación dos transferidos en fase pre-autonómica á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sanidade.


Por Real Decreto-Lei 7/1978, do 16 de marzo, aprobouse o réxime pre-autonómico para Galicia.

Por Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, transferíronse á Xunta de Galicia competencias, funcións e servicios da Administración do Estado en materia de sanidade.

Posteriormente e por Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, aprobouse o Estatuo de Autonomía para Galicia.

O Real Decreto de traspaso nesta materia, xa citado, só contiña unha valoración provisoria. Cómpre que esa valoración provisoria sexa substituída por unha de carácter definitivo.

A obtención desta valoración definitiva leva consigo a necesidade de ampliar determinados medios persoais, patrimoniais e presupostarios relacionados cos citados traspasos.

Por último, como consecuencia da transferencia efectuada en fase pre-autonómica en materia de sanidade, puxéronse a disposición da Xunta de Galicia medios persoais e patrimoniais para o exercicio das competencias transferidas; cómpre adaptalo réxime xurídico de adscrición destas á situación configurada polo Estatuto de Autonomía.

Por todo isto, a Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia adoptou na súa reunión do día 28 de xuño de 1983 o oportuno acordo,
coas súas relacións anexas, que se aproba mediante este Real Decreto.

Na súa virtude, a proposta dos Ministros de Sanidade e Consumo e de Administración Territorial, e logo da deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 19 de decembro de 1984,

 

DISPOÑO:

 

1. Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia de data 28 de xuño de 1983, sobre valoración definitiva do custo efectivo dos servicios traspasados, amplición de medios persoais, patrimoniais e presupostarios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia e adaptación dos que foron transferidos en fase preautonómica, en virtude do Real Decreto 1634/1980, do 31 de xullo, á Xunta de Galicia, en materia de sanidade.

 

2. En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigas, así como o persoal e créditos presupostarios que figuran nas relacións adxuntas ó propio acordo da Comisión Mixta indicada, nos términos e condicións que alí se especifican e nestas relacións consígnanse debidamente identificados e separados tanto os medios que se traspasan, relativos á ampliación, como os que son obxecto de adaptación.

 

3. Os traspasos a que se refire este Real Decreto terán efectividade a partir do día sinalado no acordo da Comisión Mixta.

 

4. O presente Real Decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

 

ANEXO

 

Don José Elías Díaz García e don Mariano Rajoy Brey, Secretarios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia,

 

CERTIFICAN:

 

Que na sesión plenaria da Comisión celebrada o día 28 de xuño de 1983 se adoptou acordo sobre valoración definitiva do custo efectivo dos servicios traspasados, ampliación de medios persoais, patrimoniais e presupostarios e adaptación dos que foron transferidos en fase pre-autonómica á Xunta de Galicia, en materia de Sanidade, en virtude do Real Decreto 1634/1980, do 31 de xullo, nos términos que se expresan a seguir:

 

A) Normas estatutarias e legais nas que se ampara a valoración definitiva, a adaptación e a ampliación de medios traspasados.

O presente acordo ampárase, dunha banda, na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, na que se prevé o traspaso dos servicios inherentes ás competencias que segundo o Estatuto corresponden á citada Comunidade Autónoma, así como o dos pertinentes medios patrimoniais, persoais e preesupostarios, e doutra, no Real Decreto 1706/1982, do 24 de xullo, sobre consolidación de transferencias efectuadas á Xunta de Galicia en fase pre-autonómica, e no Real Decreto 581/1982, do 26 de febreiro, no que se regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na indicada disposición transitoria do mencionado Estatuto de Autonomía, e se determinan as normas e o procedemento a que deben axustarse os traspasos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

 

B) Medios patrimoniais, persoais e presupostarios que se adaptan e amplian.

B.1 Bens, dereitos e obrigacións.

1. Os bens, dereitos e obrigacións transferidos á Xunta de Galicia, en virtude do Real Decreto 1634/1980, do 31 de xullo, amplíanse polo presente acordo, quedando reflexados na súa totalidade na relaciónn adxunta número 1, na forma e condicións que se detallan na mesma, onde quedan identificados os inmobles e, no seu caso, os contratos afectados polo traspaso.

2. Os bens, dereitos e obrigacións transferidos adaptaranse, no seu réxime xurídico, ó establecido na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía e demais disposicións en cada caso aplicables.

3. No prazo dun mes desde a aprobación deste acordo polo Goberno firmaranse as correspondentes actas de entrega e recepción de mobiliario, equipo e material inventariable.

B-2 Persoal e postos de traballo vacantes.

1. Amplíanse os medios persoais traspasados á Xunta de Galicia, en virtude do Real Decreto anteriormente mencionado, co traspaso do persoal que nominalmente se referencia na relación adxunta número 2.

2. O devandito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma de Galicia, nos términos legalmente previstos polo Estatuto de Autonomía e as demais normas en cada caso aplicables, e nas mesmas circunstancias que se especifican na mencionada relación e co seu número de rexistro de persoal.

3. Os postos de traballo vacantes que se traspasan, dotados presupostariamente, son os que se detallan nas relacións adxuntas número 2.2 con indicación do corpo ou escala ó que están adscritos ou asimilados, nivel orgánico e dotación presupostaria correspondente.

4. Pola Subsecretaría do Ministerio de Sanidade e Consumo ou demais órganos competentes en materia de persoal, notificarase ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa, tan pronto o Goberno aprobe o presente acordo por Real Decreto. Así mesmo remitirase ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como dos certificados de haberes, referidos ás cantidades percibidas durante 1983, procedéndose pola Administración do Estado a modifica-las plantillas orgánicas e presupostarias en función dos traspasos operados.

5. Na relación adxunta número 2 (A) detállase nominalmente o persoal e postos de traballo transferidos en réxime pre-autonómico, con indicación do seu nivel orgánico, dotación presupostaria e demais circunstancias que na devandita relación se especifican.

O réxime deste persoal xa transferido, así como o do que cubriu vacantes ou prazas traspasadas con anterioridade á efectividade do presente acordo, será o establecido no Real Decreto 581/1982, do 26 de febreiro; o Real Decreo 2545/1980, do 21 de novembro, e demais disposicións aplicables.

B.3 Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1.O custo efectivo que, segundo a liquidación do presuposto de gastos para 1981, corresponde ós servicios traspasados á Comunidade elévase, con carácter definitivo, a 1.911.694.300 pesetas, segundo detalle que figura na relación número 3.1.

2. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración 3.1 financiarase nos exercicios futuros da seguinte forma:

3.1 Transitoriamente, mentres non entre en vigor a correspondente Lei de participación nos Tributos do Estado, mediante a consolidación na sección 32 dos Presupostos Xerais do Estado
dos créditos relativos ós distintos componentes do custo efectivo, polos importes que se indican, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de Presu-postos.

 

a) Custos brutos:

 

Créditos en pesetas 1981

Gastos de persoal

1.765.732.300

Gastos de funcionamento

50.648.000

Inversión para consevación, mellora e

substitución

105.893.000

 

1.922.273.300

 

b) A deducir:

Recaudación anual por taxas

10.579.000

Financiación neta

1.911.694.000

 

3.2 As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o apartado 3.1 respecto á financiación dos servicios transferidos serán obxecto de regulación ó peche de cada exercicio económico mediante a presentación das contas e estado xustificativo correspondente perante unha Comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

 

C) Data de efectividade da ampliación de medios.

O traspaso dos bens, dereitos e obrigacións, así como do persoal e créditos presupostarios correspondentes á ampliación, o mesmo que a adaptación dos traspasos con anterioridade, ós que se fai referencia neste acordo, terá efectividade a partir do día 1 de xullo se 1984.