Orde do 7 de maio de 1984, pola que se establece o procedemento que se ha seguir para a realización de sustitucións de sanitarios locais.


Ilmos. Sres.:

As funcións propias dos Sanitarios locais, tanto na área da saúde pública coma na de asistencia sanitaria, polas esixencias que nomalmente plantexa a súa actuación urxente, obriga a unha regulación que ganantice en todo momento a eficacia dos servicios, evitando a súa interrupción por razón de vacacións, permisos ou ausencias autorizadas dos seus titulares; corrixa esas situacións mediante un sistema racional de suplencias e, o mesmo tempo, contribúa a paliar, no posible, o paro existente entre os profesionais sanitarios.

En consecuencia, visto o artigo 33 do Estatuto de Autonomía para Galicia, o Real Decreto 1634/1980, do 31 de xullo, a proposta da Dirección Xeral da Saúde Pública e en uso das facultades que lle confiren os artigos 34.6 e 36.2 da lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, esta Consellería de Sanidade e Consumo tivo a ben

 

DISPOÑER

 

1. As sustitucións dos Sanitarios locais, sempre que con arregro ó Decreto 3263/68, do 25 de decembro, sexan retribuidas, serán autorizadas polos Delegados Provinciais da Consellería, entre os profesionais, con titulo suficiente para as exercer, incluidos nunha lista oficial que a tal fin, confeccionará e actualizará periodicamente o Colexio Profesional correspondente.

 

2. A confección das listas de aspirantes a suplencias axustarase ás normas contidas na Orde de 2 de maio de 1962.

 

3. No suposto de que o Colexio Profesional non proporcione a relación de parados no xeito previsto, as Delegacións confeccionarana cos datos que, ó respecto, lles faciliten as Oficinas de Emprego.

 

4. A designación do suplente efectuarase por orde correlativa de antigüidade nas listas de aspirantes a suplencias. Unha vez cumprida a sustitución, pasará o designado a ocupa-lo último lugar da lista oficial.

Ó obxecto de equipara-las distintas clases de suplencias, en canto a duración das mesmas, entenderase que a sustitución ha supoñer como mínimo un mes de duración, podendo en caso de ser inferior acumular máis dunha, ata acada-la antedita duración. Nestes casos, o suplente non pasará a ocupa-lo último lugar da lista, gardando prioridade sobre os demais compoñentes da relación.

Excepcionalmente non se seguirá este sistema automático cando a función do sustituto por non existir local axeitado proporcionado polo Concello, haxa de se efectuar no consultorio ou establecemento privado do sustituído; neste caso, o nomeado deberá contar co consentimento expreso do titular. No suposto de que este rexeitase tres designados da lista correlativa, deberá propoñer un de entre os integrantes da mesma.

5. A sustitución obrigará ó designado, e se este renunciase a ela ou non se presentase no prazo que a Delegación Provincial lle sinale, será penalizado coa perda do número de orde que naquel momento tiver, pasando ó último da relación. 
De exercitarse tal renuncia máis de dúas veces, sen causa xustificada, non poderá volver figurar nas listas oficiais tanto de suplencia coma de interinidades ata que non transcorra un ano desde a data da última renuncia.

6. Como consecuencia da obrigatoriedade anteriormente enunciada, a sustitución nunca poderá menoscaba-los dereitos do que a estea desempeñando, o cal, durante a mesma poderá optar a calquera interinidade e, se obtiver algunha, cesará na sustitución, debendo esta cubrirse con outro sustituto con arregro ó procedemento antes sinalado.

 

7. Naqueles Partidos sanitarios que conten con dous ou máis distritos, os seus titulares, salvo casos de forza maior, apreciados pola Consellería, non poderán simultanea-las licencias, polo que deberán formar turnos para o disfrute das mesmas, con obxecto de que sempre que exista no Partido, cando menos, un titular, sexa propietario ou interino.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS

 

Primeira.- Autorízase á Dirección Xeral de Saúde Pública para dictar cantas instruccións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente Orde.

 

Segunda.- Esta Orde non entrará en vigor ata transcorrido o prazo de trinta días hábiles desde o seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo procederán os Colexios Profesionais á confección das listas de sustitutos e, rematado o mesmo, remitirán ás Delegacións Provinciais da Consellería as propostas correpondentes na maneira prevista na Orde do 2 de maio de 1962.

Vease también