Orde do 25 de abril de 1994 pola que se regula o establecemento de convenios de colaboración con asociacións privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan programas de prevención e reinserción socioal de drogodependentes.

O Estato de autonomía de Galicia, nos seus artigos 27.23° e 33.1°, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, competencia exclusiva en materia de asistencia social e de desenvolvemento lexislativo e de execución da lexislación do Estado en materia de sanidade interior, respectivamente.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia é o órgano administrativo da Comunidade Autónoma galega que, coa coor-dinación e asesoría da Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia, se ocupa da planificación e xestión dos programas que configuran o Plan Autonómico sobre Drogodependencias de Galicia. Neste ámbito de actuación, faise aconsellable elaborar un procedemento que facilite, garanta e lle dea continuidade á prestación de servicios que as asociacións lles veñen dispensando ós drogodependentes nos centros xestionados por elas, e permita promover accións conxuntas entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e as ditas asociacións.

Estas accións enmárcanse no principio de corresponsabilidade social, entendida como a necesidade da participación de toda a sociedade na atención ós problemas derivados do consumo de drogas, pois é ó Plan Autonómico sobre Drogodependencias, ó que lle corresponde a planificación e coordinación das actuacións que se dean neste ámbito, e a atención pública a esta problemática, tanto dos afectados como das súas familias.

En consecuencia, no uso das facultades que me confiren os artigos 36.4º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

 

DISPOÑO:

 

1. Obxecto.

A presente orde ten por obxecto a regulación dun réxime de convenios de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e as asociacións privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan programas de prevención e reinserción social de drogodependentes.

 

2. Requisitos.

1. Estas asociacións deberán realizar actividades preventivas e/ou de reinserción social de drogodependentes atendendo á planificación e criterios do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

2. Será necesario que as asociacións estean inscritas nos respectivos rexistros provinciais de asociacións de acordo co capítulo II do Decreto 1.440/1965, do 20 de maio, de normas complementarias da Lei 191/1964, sen prexuízo de xustifïca-la súa inscrición nos rexistros que regulamentariamente prevexa a Administración autonómica de Galicia.

3. Os programas deberán ter como ámbito de actuación a Comunidade Autónoma Galega e estaren coordinados dentro do Plan Autonómico sobre Drogodependentes seguindo os seus criterios e directrices.

 

3. Contido dos convenios.

O réxime de funcionamento, xustificación dos pagamentos, obrigas e demais cuestións que afecten as partes asinantes, especifícanse nas cláusulas do modelo de convenio que figura como anexo I a esta orde.

 

4. Instrucción do expediente administrativo.

A tramitación do expediente administrativo que permita valora-la posible subscrición dos convenios, iniciarase coa previa solicitude dirixida ó Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, segundo modelo normalizado que figura no anexo II da presente orde, á que se lle xuntarán os seguintes documentos:

1. Acreditación da personalidade do solicitante, expedida en documento asinado polo secretario da asociación e que deberá facer referencia ó acordo adoptado polo órgano competente da asociación neste sentido.

2. Memoria da institución segundo o modelo normalizado que figura no anexo III.

3. Memoria económica do ano anterior en modelo normalizado que figura no anexo IV, o xeral da entidade (documento 1 do anexo IV) e o do programa (documento 3 do anexo IV), así como o detalle das operacións financeiras ás que se refire o documento 2 do citado anexo. Detallarase segundo o documento 4 deste anexo a remuneración percibida por cada un dos profesionais do programa, así como o tipo de contrato.

4. Copia compulsada dos estatutos da asociación.

5. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

6. Certicación bancaria da conta corrente na que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da contía que corresponda.

7. Memoria descritiva que incluirá:

a) Data de inicio de funcionamento, presentando documentación que o acredite.

b) Horario de funcionamento, presentando documentación que o acredite.

c) Criterios xerais de funcionamento.

d) Cadro de persoal coas súas titulacións, detallando as dedicacións e o organigrama. Presentarase o currículum vitae dos profesionais de nova contratación.

No caso de que dependentes dunha mesma asociación existan varios programas, os documentos mencionados nos puntos l, 2, 3, 4, 5 e 6 anteriores só se presentarán unha vez. Sen embargo, o documento 3 recollido no anexo IV presentarase individualmente para cada programa.

A memoria descritiva á que alude o punto 7 presentarase individualmente para cada programa aínda cando existan varios programas dependendo dunha mesma institución.

8. Orzamento de ingresos e gastos para o ano en curso segundo o modelo normalizado que figura no anexo V (ingresos e gastos da entidade no documento 1 e do programa no documento 3), así como o detalle das operacións financeiras ás que se refire o documento 2 do citado anexo. Detallarase segundo o documento 4 deste anexo, a remuneración percibida por cada un dos profesionais do programa así como o tipo de contrato.

No caso de que dependentes dunha soa asociación existan varios programas, o documento l do anexo sinalado anteriormente presentarase unha soa vez. Sen embargo, o documento 3 do dito anexo presentarase individualmente para cada programa.

 

5. Prazo e lugar de presentación das solicitudes.

1. O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais.

2. A solicitude e documentación requirida entregarase no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2, 2°, en Santiago de Compostela; delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou mediante calquera outra forma admitida pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Unha vez presentadas, comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e no caso de que a documentación resultase incompleta ou defectuosa requirirase ós solicitantes para que, nun prazo de 10 días hábiles, acheguen a documentación necesaria ou emenden os defectos observados, co apercibimento de que se así non se fixese se arquivará o expediente sen máis trámite.

 

6. Criterios e prioridades na subscrición de convenios.

A subscrición dos convenios e a determinación da contía da contraprestación, serán acordadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no marco das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta a seguinte tipoloxía de programas e/ou actividades:

a) Pogramas comunitarios. Centraranse no desenvolvemento de actividades de dinamización e organización social, cos obxectivos, metodoloxía, estratexias e avaliación acorde cos modelos de intervención comunitaria.

b) Programas de apoio ó proceso terapéutico. Estarán orientados ó fomento de servicios que faciliten o acceso a centros asistenciais así como establecer redes de apoio socio-laboral a drogodependentes en tratamento.

c) Programas/actividades cunha execución descontinua pero que resulten de grande interese e relevancia social.

d) Programas de información e sensibilización.

En calquera caso, será requisito indispensable para a tramitación do expediente a presentación por escrito dos programas de prevención e/ou reinserción. A dita presentación axustarase ós seguintes apartados:

l. Denominación.

2. Poboación á que se dirixe.

3. Obxectivos que se pretenden acadar.

4. Actividades que se pretende realizar.

5. Recursos materiais e humanos necesarios para levalo a cabo.

6. Avaliación dos obxectivos e metodoloxía dela.

7. Memoria anual detallada de tódalas accións realizadas pola entidade.

Para efectos de priorización valorarase:

- Programas cunha metodoloxía de tipo comunitaria.

- Programas para os que, non existindo un convenio previo, sigan os criterios e prioridades do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, para o que a asociación peticionaria acordará co PAD os termos de desenvolvemento destes programas.

 

7. Formalización dos convenios e orde de prelación.

l. Instruído o expediente, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez determinada a súa aportación e realizados os trámites, cando proceda, de autorización do Consello da Xunta de Galicia conforme o disposto na Resolución do 8 de abril de 1991, procederá á súa resolución, comunicando, se é o caso, ós interesados a decisión de asina-lo correspondente convenio segundo o modelo establecido no anexo I da presente orde.

2. Terán preferencia para a formalización do convenio as asociacións ou entidades privadas sen ánimo de lucro que subscribisen un convenio con este mesmo fin o ano anterior.

 

8. Vixencia e prórroga do convenio.

O convenio subscrito producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 1994 e a duración deste fixarase ata o 31 de decembro de 1994, quedando tacitamente prorrogado, por anos sucesivos, salvo denuncia expresa das partes con un mes de antelación. Non obstante, a dita prórroga tácita, que producirá efecto desde o 1 de xaneiro do ano en que se subscriba, quedará condicionada ó cumprimento dos seguintes requisitos:

l. Existencia de crédito orzamentario suficiente para o exercicio de que se trate.

2. Fiscalización pola intervención do correspondente expediente de gasto, e nos casos ós que se refire a Resolución do 8 de abril de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

3. Cumprimento, por parte da entidade, das obrigas contraídas coa sinatura do convenio que figura como anexo I a esta orde. Para estes efectos, a asociación deberá remitirlle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais os documentos pertinentes, sendo a data tope para a súa remisión o 31 de xaneiro do ano seguinte ó da formalización do convenio.

 

9. Duplicidade de achegas.

As posibles achegas, tanto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, coma outras procedentes de institucións públicas ou privadas, en ningún caso poderán implicar duplicidade, de tal modo que a suma dos ingresos non poderá supera-lo l00% do gasto efectuado.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, periodicamente, abrirá un prazo de presentación de solicitudes para subscrición, se procede, de novos convenios.

 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 

Primeira.- As obrigas económicas que por efecto da sinatura deses convenios asume a Consellería de Sanidade Servicios Sociais, para o ano 1994, satisfaranse con cargo á aplicación 11.01.313A.640.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, ata o total do seu importe, así como doutros créditos que no futuro se consignen para tal fin.

 

Segunda.- O prazo de presentación das solicitudes correspondentes ó exercicio de 1994 será de 20 días naturais contados a partir da publicación desta orde no D.O.G.

 

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

 

Facúltase o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para adopta-las medidas necesarias para o mellor desenvolvemento e execución desta orde.

 

ANEXO I

 

Convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de prevención e reinserción social de drogodependentes.

 

REUNIDOS:

 

Dunha parte: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais José Manuel Romay Beccaría, actuando en representación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en virtude das facultades atribuídas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e polo artigo 8 do Decreto 29l/1993, do 11 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

 

E por outra: Don/Dona..., con DNI..., que actúa en nome e representación da asociación... en virtude da súa condicición de presidente dela.

 

MANIFESTAN:

 

Primeiro.- Que o Plan Autonómico sobre Drogodependencias (PAD) da Comunidade Autónoma de Galicia en coordinación co Plan Nacional sobre Drogas (PNsD) integra medidas dirixidas a reduci-la demanda do consumo de drogas así como outras encamiñadas ó tratamento dos problemas derivados do devandito consumo.

 

Segundo.- Que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia é o órgano administrativo da Comunidade Autónoma galega que, coa coordinación e asesoría da Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia, se ocupa da planificación, coordinación e xestión, se é o caso, dos programas que configuran o Plan Autonómico sobre Drogopendencias de Galicia.

 

Terceiro.- Que ámbalas dúas partes consideran esencial o establecemento de accións conxuntas para efectos do desenvolvemento de medidas e accións contidas no Plan Autonómico sobre Drogodependencias co fin de reducir, na medida do posible, a problemática presentada polo consumo de drogas na Comunidade Autónoma galega.

 

Por conseguinte, tendo en conta as manifestacións anteriores, as partes que interveñen neste acto, en virtude da representación que ostentan formalizan o presente convenio de acordo coas seguintes,

 

CLÁUSULAS:

 

Primeira.- Constitúe o obxeto do presente convenio a colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais coa asociación...para a realización de actividades preventivas e/ou de reinserción social de drogodependentes, atendendo á planificación e criterios do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

 

Segunda.- A asociación... comprométese a de-senvolve-lo programa denominado..., que vai anexo ó presente convenio.

 

Terceira.- O programa sinalado no acordo anterior será tecnicamente levado a cabo polos seguintes profesionais:

 

Cuarta.- Don/Dona..., en representación da asociación..., así como a dirección técnica do/s programa/s depedentes da referida asociación, aceptan os seguintes compromisos:

a) Someterse ás medidas de coordinación e programación dispostas polo Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Aceptar e colaborar coas medidas que a Xunta de Galicia considere conveniente realizar para comproba-lo cumprimento do fin para o que se subscribe o presente convenio.

c) Os membros do equipo técnico participarán, por petición do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias, nos traballos de elaboración, desenvolvemento, avaliación e seguimento dos programas do PAD que o dito departamento coide oportuno para o mellor de-senvolvemento do conxunto do plan. Neste sentido o equipo técnico sinalado na cláusula terceira dependerá funcionalmente do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

d) Coordinarse con outros centros e servicios recollidos dentro do PAD co fin de asegura-la programación homoxénea do plan.

e) Presentar unha memoria anual detallada de tódalas accións realizadas así como a poboación receptora delas. Esta memoria deberá ter unha parte de avaliación de resultados, especificando os obxectivos conseguidos e os que quedaron por acadar.

f) Incluír en todo o material impreso que utilicen o anagrama da Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

g) Comunicar calquera cambio no cadro de persoal, especificando o motivo del e xuntando currículum vitae do/s novo/s profesional/ais contratado/s.

h) Colaborar na adopción de calquera outra medida adoptada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e a Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia que permitan o bo desenvolvemento do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

 

Quinta.- O funcionamento, en canto a programas de prevención, asistencia, reinserción, formación, investigación ou de calquera outra área de intervención levado a cabo en materia de drogodependencias pola dita asociación deberá de estar coordinado dentro do Plan Autonómico sobre Drogodependencias. Se a asociación pon en marcha outros programas, ademais dos establecidos no manco do PAD, deberán de ser postos en coñecemento do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Para tal efecto presentarán un proxecto que constará, polo menos, dos seguintes apartados:

l. Denominación.

2. Poboación á que se dirixe.

3. Obxectivos que se pretenden acadar.

4. Actividades que se pretenden realizar.

5. Recursos materiais e humanos precisos para levalo a cabo.

6. Avaliación dos obxectivos e metodoloxía dela.

 

Sexta.- A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais comprométese a aboar para o exercicio de 1994 a cantidade de... ptas., que se satisfarán con cargo á aplicación orzamentaria...

 

Sétima.- A contía indicada no acordo anterior farase efectiva do seguinte xeito:

- O primeiro 75% logo da presentación por parte da asociación... dunha memoria coa descrición do programa de actividades que se van realizar durante o ano. Para facer efectivo este primeiro pagamento deberase acreditar, mediante declaración xurada, que non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e así mesmo acreditar que se encontran ó día das súas obrigas tributarias e sociais.

- O 25% restante librarase cando se xustifique o gasto total. Este deberá acreditarse con xustificacións ou facturas orixinais debidamente cubertas de acordo coa normativa vixente, nas que constarán:

- Número de factura.

- Nome e apelidos ou denominación social, número de identificación fiscal e dirección, tanto do expedidor como do destinatario.

- Descrición da operación, e a súa contraprestación total, indicando o tipo impositivo aplicado.

- Lugar e data da súa emisión.

A estas xustificacións deberá xuntarlles unha relación delas, ordenadas segundo o concepto de gasto a que se atribúen (concepto especificado na solicitude), e dentro deste apartado, correlativas segundo a súa data de emisión (data que soamente poderá corresponder ó ano de vixencia do convenio).

Nesta relación, figurará para cada un dos conceptos o número de orde da factura, número de factura, data de emisión, provedor, descrición do gasto, programa ó que se atribúe e o importe da factura (anexo VI).

Deberá figura-la suma de cada concepto e ó final o total dos gastos.

Esta relación estará conformada polo tesoureiro da asociación, e co visto e prace do seu presidente.

Tanto a presentación das facturas como a súa relación ordenada, é requisito imprescindible para a tramitación do mencionado pagamento, devolvendo toda a xustificación que non o cumpra.

 

Oitava.- A falta de xusticación dos gastos nos termos establecidos no presente convenio, a falsidade dos datos achegados para este fin ou unha aplicación distinta á sinalada na solicitude dará lugar ó reintegro do importe percibido e dos xuros de demora. De igual modo procederá o seu reintegro cando a asociación non cumpra os compromisos contraídos en virtude da sinatura do presente convenio.

 

Novena.- En ningún caso existirá relación laboral entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e os profesionais que lle prestan os seus servicios á asociación.

 

Décima.- O presente convenio terá carácter administrativo, rexéndose nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas ou, no seu defecto, polo establecido na Lei de contratos do Estado, a teor do disposto no artigo 2.7º.

 

Décimo primeira.- O convenio subscrito entrará en vigor o l de xaneiro de 1994 e a súa duración fíxase ata o 31 de decembro de 1994, sendo prorrogable por anos naturais de acordo co disposto na Orde do... de... de 1994, pola que se regula o establecemento de convenios de colaboración con entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan programas de prevención e reinscrción social de drogodependentes.

 

Décimo segunda.- Son causas de resolución do presente convenio:

a) O incumprimento total ou parcial dalgunha das súas cláusulas.

b) A introducción de modificacións nas directrices dos programas sen contar coa previa autorización escrita do Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

c) A desviación dos fondos outorgados para outro fin distinto do que motivou a concesión.

 

E en proba de conformidade, nos termos do convenio, as partes comparecentes asínano e rubrícano en cuadruplicado exemplar no lugar e data antes citados.