Resolución do 25 de xuño de 1992, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, sobre adscrición dos efectivos da inspección de servicios sanitarios ós postos de traballo existentes nas inspeccións sanitarias.


No artigo 7 do Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións da Inspección de Servicios Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, disponse que a Inspección Central da Consellería de Sanidade terá como ámbito de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia e estará constituída polos médicos inspectores, farmacéuticos inspectores e subinspectores sanitarios que en cada momento estean integrados nesta, así como o personal que á entrada en vigor do presente decreto teña nomeamento de inspector médico e farmacéutico ou subinspector sanitario do equipo territorial de inspección.

Na disposición adicional do dito decreto establécese que a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade realizará a adscrición nominal dos efectivos de inspección existentes en cada área de saúde en cada un dos postos das inspeccións de área.

Por outra banda, na disposición transitoria segunda, punto 1, do mesmo decreto, establécese que os médicos e farmacéuticos inspectores e subinspectores que resulten adscritos ós servicios centrais e que no momento da entrada en vigor do presente decreto teñan nomeamento como médico ou farmacéutico inspector ou subinspector no equipo territorial de inspección poderán ser autorizados para desempeña-las súas actividades na localidade onde as viñan desempeñando na actualidade.

En consecuencia, en uso das facultades que teño conferidas polo mentado decreto,

 

RESOLVO:

 

Primeiro.- En desenvolvemento do Decreto 126/1992, do 14 de maio, declarar integrados na Inspección Central da Inspeccción de Servicios Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia os seguinte funcionarios, pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase inspectores médicos:

- Ducet Robert, Juan.

- Gallego Carracedo, José Mª.

- Torres Rey, Jaime.

 

Segundo.- Igualmente declarar integrados na Inspección Central da Inspección de Servicios Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia os seguintes funcionarios, pertencentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase subinspectores sanitarios:

- Cerdeiriño Viso, Sara.

- García Corral, Consuelo.

- Feal Martínez, Herminia.

- Martínez Conde, Delia Irene.

 

Terceiro.- Autoriza-los ditos funcionarios para desempeña-las súas actividades nas seguintes localidades:

A Coruña:

- Ducet Robert, Juan.

- Gallego Carracedo, José Mª.

- Cerdeiriño Viso, Sara.

- García Corral, Consuelo.

- Feal Martínez, Herminia.

- Martínez Conde, Delia Irene.

Lugo:

- Torres Rey, Jaime.

Cuarto.- En tanto non se efectúen as modificacións oportunas, os funcionarios citados percibirán as súas retribucións con cargo ó mesmo centro de gastos e á mesma aplicación presupostaria, polos cales as viñan percibindo na actualidade.

Quinto.- En tanto en canto non se efectúe o desenvolvemento da estructura periférica da Consellería e Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, o restante persoal da Inspección de Servicios Sanitarios manterá a adscrición establecida nos anexos do Decreto 5/1992, do 16 de xaneiro, polo que se integran nos corpos, escalas e clases do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma os funcionarios asumidos polo Decreto 16/1991, do 11 de xaneiro, pertencentes ós corpos e escalas de carácter sanitario.