Real Decreto 1995/1985 do 9 de outubro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sanidade (AISNA).


Por Real Decreto 1634/1980, do 31 de xullo, trasferínrose á Xunta de Galicia competencias, funcións e servicios da Administración do Estado en materia de sanidade. Posteriormente, despois da entrada en vigor do Estatuto de Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, o Real Decreto 2368/1984, do 19 de de-cembro, realizaba a valoración definitiva e ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de sanidade, ó mesmo tempo que adaptaba os xa transferidos en fase preautonómica.

Tendo en conta os devanditos traspasos, e de conformidade co disposto no Real Decreto 581/1982, do 26 de febreiro, que determina as normas e o procedemento ó que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía de Galicia, a devandita Comisión considerou a conveniencia e legalidade de efectua-los traspasos das materias propias do organismo AISNA (Administración Institucional da Sanidade Nacional). O resultado foi a adopción do oportuno acordo de traspasos na reunión do Pleno da Comisión Mixta do 20 de setembro de 1985. A virtualidade práctica deste acordo esixe a súa aprobación polo Goberno mediante Real Decreto.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía de Galicia, a proposta dos Ministros de Sanidade e Consumo e Administración Territorial, e logo da deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día nove de outubro de 1985,

 

DISPOÑO:

 

1. Apróbase o acordo do 20 de setembro de 1985 adoptado pola Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía de Galicia, polo que se traspasan funcións da Administración do Estado en materia de sanidade (Administración Institucional da Sanidade Nacional, AISNA), así como os correspondentes servicios e medios persoais, materias e presupostarios necesarios para o exercicio daquelas.

 

2. En consecuencia, quedan traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións ás que se refire o acordo que se inclúe como anexo do presente Real Decreto, así como os servicios e bens, dereitos e obrigas, persoal e créditos presupostarios que figuran nas relacións adxuntas a ese acordo adoptado pola Comisión Mixta, todo isto nos términos e condicións que alí se especifican.

 

3. Os traspasos obxecto deste Real Decreto terán efectividade a partir do 1 de xaneiro de 1985, segundo se fai constar no acordo da Comisión Mixta xa aludido, sen prexuício de que o Ministerio de Sanidade e Consumo produza os asuntos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento en que se adoptou o acordo que aparece transcrito como anexo deste Real Decreto, ata a data de publicación do mesmo.

 

4. Os créditos presupostarios que se determinen conforme á relación 3.2. serán dados de baixa nos seus conceptos de orixe e transferidos polo Ministerio de Economía de Facenda ós conceptos habilitados na sección 32, destinados a financia-lo custo efectivo dos servicios asumidos polas Comunidades Autónomas, unha vez que a Oficina Presupostaria do Ministerio de Sanidade e Consumo lle remita ó Departamento citado os certificados de retención do crédito, co fin de dar cumprimento así ó disposto na vixente Lei de Presupostos Xerais do Estado.


5.
O presente Real Decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

 

ANEXO I

 

Don José Elías Díaz García e don Mariano Rajoy Brey, Secretarios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuo de Autonomía para Galicia

 

CERTIFICAN:

 

Que na sesión plenaria da Comisión, celebrada o día 20 de setembro de 1985, se adoptou acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios do Estado en materia de sanidade (Administración Institucional da Sanidade Nacional), nos términos que a seguir se expresan:

 

A) Referencia a normas constitucionais e estatutarias nas que se ampra a transferencia.

A Constitución, no seu artigo 148.1.21, establece que as Comunidades Autónomas poderán asumir competencias en materia de sanidade e hixiene e no artigo 149.1.16 reserva para o Estado a competencia exclusiva sobre sanidade exterior, bases e coordinación xeral da sanidade e lexislaciónn sobre productos farmacéuticos. Pola súa parte, o Estatuto de Autonomía de Galicia establece no seu artigo 33.1 e 4 que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior e que poderá organizar e administrar, con tal fin e dentro do seu territorio, tódolos servicios relacionados coa materia antes expresada e que exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de sanidade, reservando o Estado para sí a alta inspección do cumprimento das funcións e competencias contidas neste artigo.

Sobre a base destas previsións constitucionais e estatutarias, resulta procedente efectuar traspasos de funcións e servicios da Administración Institucional da Sanidade Nacional á Comunidade Autónoma de Galicia, co cal se complementa o proceso iniciado en materia de sanidade.

 

B) Funcións que asume a Comunidade Autónoma e identificación dos centros e servicios que se traspasan.

1. Transfirense á Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do seu ámbito territorial, e nos términos do presente acordo e normas que o fagan efectivo e se publiquen no Boletín Oficial do Estado, as funcións que viña realizando a Administración do Estado, a través do organismo autónomo Administración Institucional da Sanidade Nacional, en materia de sanidade, nos centros, establecementos e servicios que se identifican na relación número 1 adxunta ó presente acordo e que se traspasan á devandita Comunidade.

2. Non se traspasan, aínda cando están situados no ámbito territorial da Comunidade, os seguintes centros hospitalarios:

Hospital Nacional de Enfermidades do Tórax "Profesor Novoa Santos", Ferrol (A Coruña).

Hopital de Enfermidades do Tórax "Profesor Gil Casares", Santiago de Compostela (A Coruña).

Sanatorio Marítimo Nacional de Oza (A Coruña).

Hospital de Enfermidades do Tórax, Calde (Lugo).

Hospital de Enfermidades do Tórax "Santo Cristo", O Piñor (Ourense). 

C) Funcións que reserva para si a Administración do Estado. 
En consecuencia coa relación de funcións e servicios traspasados, permanecerán na Administración do Estado e seguirán sendo da súa competencia, para ser exercidas pola mesma, as seguintes funcións e actividades que ten legalmente atribuídas: 
a) A alta inspección, como función de garantía e verificación do cumprimento das competencias estatais e das da Comunidade Autónoma en materia de sanidade, conforme ó establecido na Constitución e nas leis. 
b) A determinación, con carácter xeral, das condicións e requisitos técnicos mínimos para a aprobación e homologación das instalacións e equipos dos centros e servicios, así como as condicións mínimas dos establecementos sanitarios.
 c) O Catálogo e Rexistro Xeral de Centros, Servicios e Establecementos Sanitarios que recollerán as decisións, comunicacións e autorizacións das Comunidades Autónomas conforme ás súas competencias. 
d) A homologación de programas de formación postgraduada, perfeccionamento e especialización do persoal sanitario.
e) A homologación xeral dos postos de traballo dos servicios sanitarios, co fin de garantiza-la igualdade de oportunidades e a libre circulación dos profesionais e traballadores sanitarios.
f) Os servicios de vixilancia e análises epidemiolóxicas ou epizootiolóxicas, así como a coordenación dos servicios competentes das distintas Administracións Públicas Sanitarias, nos procesos ou situacións que supoñan un risco para a saúde de incidencia nacional. 
g) O establecemento de sistemas de información sanitaria e a realización de estadísticas, de interés xeral supracomunitario. 
h) A coordenación das actividades dirixidas a impedir ou perseguir tódalas formas de fraude, abuso, corrupción ou desviación das prestacións ou servicios sanitarios con cargo ó sector público, cando razóns de interés xeral así o aconsellen. 
i) A elaboración de informes xerais sobre a saúde pública e a asistencia sanitaria. 
j) O establecemento de canles para a información e comunicación entre a Administración Sanitaria do Estado e a das Comunidades Autónomas nas materia previstas na lexislación vixente. 
k) A financiación e xestión dos créditos e a tramitación dos expedientes de clases pasivas correspondentes ós funcionarios do extinguido Patronato Nacional Antituberculoso e das Enfermidades do Tórax que se vén rexendo polo Estatuto de Clases Pasivas do Estado do 22 de outubro de 1926, con base no disposto na Lei do 13 de decembro de 1943, disposicións complementarias e acordos do referido Patronato do 19 de xaneiro e 13 de abril de 1946. 
l) As demais competencias que expresamente resulten da Constitución, ou do establecido na Lei e nas disposicións que complementen ou desenvolvan as bases e a coordenación xeral da sanidade.  

D) Funcións nas que deben concorre-la Administración do Estado e da Comunidade Autónoma e forma de cooperación.

Desenvolveranse coordenadamente entre a Administración do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade cos mecanismos que en cada caso se sinalen, as seguintes funcións e competencias.

a) O intercambio de información en materia de asistencia sanitaria, na forma que se estableza.

b) A Comunidade Autónoma obrígase a comunicarlle ó Ministerio de Sanidade e Consumo os datos estadísticos obtidos do estudio, vixilancia e análises epidemiolóxicas nos procesos que incidan positiva ou negaivamente na saúde humana, así como tódalas sitaucións epidémicas que poida detectar aquela e os datos necesarios para a actualización do Catálogo e Rexistro Xeral de Centros, Servicios e Establecementos Sanitarios.

c) A Comunidade Autónoma prestará a súa colaboración e coordenará os seus servicios coa Administración Sanitaria do Estado, especialmente para consegui-la maior eficacia dos servicios de vixilancia e análises epidemiolóxicas, das medidas de protección da saúde pública e das actuacións dirixidas a impedir ou perseguir tódalas formas de fraude, abuso, corrupción ou desviacións das prestacións ou servicios sanitarios con cargo ó sector público.

d) A elaboración de estudios e proxectos conxuntos, así como a realización de propostas que procuren o perfeccionamento da acción sanitaria da AISNA e a colaboración en accións programadas de interés xeral.

e) Calquera outra que poida contribuír a mellora-la relación e coordenación entre a Administración Sanitaria do Estado e da Comunidade Autónoma.

 

E) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan.

1. Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigas do Estado que se recollen no inventario detallado da relación adxunta número 1, onde quedan identificados os inmobles e, no seu caso, os contratos afectados polo traspaso. Estes traspasos formalizaranse conforme ó establecido na disposición transitoria cuarta do Estatuto de Autonomía e demais disposicións en cada caso aplicables.

2. No prazo de un mes desde a publicación do Real Decreto que aproba este acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción do mobiliario, equipo e material inventariable.

 

F) Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan.

1. O persoal adscrito ós servicios e institucións traspasados e que se refire nominalmente na relación adxunta número 2, pasará a depender da Comunidade Autónoma de Galicia, nos términos legalmente previstos polo Estatuto de Autonomía e as demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican na relación adxunta e co seu número de Rexistro de Persoal.

2. Os órganos competentes en materia de persoal da Administración Institucional da Sanidade Nacional notificaranlles ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa, tan pronto como o Goberno aprobe o presente acordo por Real Decreto. Así mesmo, remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades con dereito a percibir durante 1984; a Administración do Estado procederá a modifica-los cadros orgánicos de persoal e presupostarios en función dos traspasos operados.

 

G) Postos de traballo vacantes que se traspasan.

Os postos de traballo vacantes dotados presupostariamente que se traspasan son os que se
detallan nas relacións adxuntas número 2.2. con indicación do corpo ou escala á que están adscritos ou asimilados, nivel orgánico e dotación presupostaria correspondente.

 

H) Valoración definitiva das cargas financeiras dos servicios traspasados.

H.1 A carga asumida neta que, segundo a liquidación do presuposto de gastos para 1984, corresponde ós servicios que se traspasan á Comunidade Autónoma, elévase con carácter definitivo a 343.395.000 pesetas, segundo detalle que figura na relación 3.1.

H.2 A financiación en pesetas de 1985, que corresponde ó custo efectivo anual dos servicios transferidos, detállase na relación 3.2.

H.3 Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para determina-la procentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o devandito custo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos Presupostos Xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos componentes do custo efectivo, polos importes que se indican, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de Presupostos.

 

 

Créditos en ptas.

de 1984

a) Custos brutos

 

Gastos de persoal

304.918.000

Gastos de funcionamento

62.054.000

 

366.972.000

 

 

Créditos en ptas.

de 1984

b) A deducir

 

Recaudamento anual por taxas e outros ingresos

23.577.000

Financiación neta

343.395.000

 

As posibles diferenccias que se produzan durante o período transitorio, ó que se refire o párrafo anterior, repecto á financiación dos servicios transferidos, serán obxecto de regularización ó cerrarse cada exercicio económico mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha Comisión de Liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

Durante sesenta días a partir da data de publicación do Real Decreto aprobatorio do presente acordo, a Administración Institucional da Sanidade Nacional, ó cargo da cal estaba o servicio traspasado, seguirá asumindo a xestión e pagamento das obrigacións correspondentes ós capítulos I, II e IV do presuposto de gastos que sexan esixibles no dito período e correspondan ás funcións e servicios que se transfiran e dos cales o vencemento estea previsto polo ser carácter periódico ou por causas contractuais.

O disposto no párrafo anterior deberá ser considerado ó efectua-la periodificación e cálculo dos créditos a reter e transferir á sección 32 dos Presupostos Xerais do Estado, mediante a tramitación do oportuno expediente de modificación presupostaria, que se efectuará polo procedemento de urxencia.

 

I) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega de documentación e expedientes dos servicios traspasados, co correspondente inventario, realizarase no prazo de un mes desde a publicación do Real Decreto que aproba este acordo. A resolución daqueles que estean en tramitación realizarase de conformidade co previsto no artigo 8º do Real Decreto 581/1982, do 26 de febreiro.

 

J) Data de efectividade das transferencias.

As transferencias de funcións e servicios e os traspasos de medios obxecto deste acordo terán efectividade a partir do día 1 de xaneiro de 1986. 


INVENTARIO DETALLADO DE BENS, DEREITOS E OBRIGAS DO ESTADO ADSCRITOS ÓS SERVICIOS E INSTITUCIÓNS QUE SE TRANSFIREN Á XUNTA DE GALICIA. 

1-          INMOBLES 

NOME E USO

LOCALIDAD E POBOACIÓN

SITUACIÓN XURÍDICA

SUPERFICIE EN M2

OBSERVACIÓNS

CEDIDO

COMPARTIDO

TOTAL

A CORUÑA

 

 

 

 

 

 

 

Dispensario de Enfermidades do Torax

 

A Coruña – Gregorio Hernández, s/n

 

PROPIEDADE: Estado

 

268

 

 

5.831

 

 

Dispensario de Enfermidades do Torax

 

Ferrol. Est. De Catabois, s/n

 

PROPIEDADE: Administración Institucional da Sanidade Nacional

 

30

 

 

53.445

 

Este centro está ubicado dentro das dependencias do Hospital “Profesor Novoa Santos”

 

Dispensario de Enfermidades do Torax

 

Santiago de Compostela – Choupana, s/n

 

PROPIEDADE: Administración Institucional da Sanidade Nacional

 

300

 

 

77.200

 

Este centro está ubicado dentro das dependencias do Hospital “Profesor Gil Casares”

 

Centro de Diagnóstico e Orientación Terapéutica

 

A Coruña – Gregorio Hernández, s/n

 

PROPIEDADE: Estado

 

79

 

 

5.831

 

 

Centro de Saúde Mental

 

A Coruña – Gregorio Hernández, s/n

 

PROPIEDADE: Estado

 

68

 

 

5.831

 

 

LUGO

 

 

 

 

 

 

 

Dispensario de Enfermidades do Torax

 

Lugo – Montevideo, s/n

 

PROPIEDADE: Estado

 

260

 

 

4.172

 

 

Consulta de Tisioloxía

 

Monforte de Lemos – Prolong. Xeneralísimo Franco

 

PROPIEDADE: Concello

 

167

 

 

 

 

 

Este centro está compartido co Centro Secundario de Hixiene Rural

 

Centro de Diagnóstico e Orientación Terapéutica

 

Lugo – Montgevideo, 9

 

PROPIEDADE: Estado

 

164

 

 

 

4.372

 

 

OURENSE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dispensario de Enfermidades do Tórax

 

Ourense – Zamora, 17

 

PROPIEDADE: Estado

 

100

 

 

 

1.700

 

 

 

Centro de Diagnóstico e Orientación Terapéutica

 

Ourense – Zamora, 17

 

PROPIEDADE: Estado

 

49

 

 

 

1.700

 

 

Hospital Psiquiátrico

 

Toén – Monte Aloios, 69

 

PROPIEDADE: Administración Institucional da Sanidade Nacional.

ESCRITURAS:

2-6-1944

3-5-1958

CERTIFICACIÓN REXISTRO DA PROPIEDADE:

28-5-1971

 

 

 

 

 

 

307.998

 

 

 

PONTEVEDRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dispensario de Enfermidades do Tórax

 

Pontevedra – Peregrina, 80

 

PROPIEDADE: Estado

 

217

 

 

 

Ubicado nas dependencias da Delegación Territorial

 

Centro de Diagnóstico e Orientación Terapéutica

 

Pontevedra – Peregrina, 80

 

PROPIEDADE: Estado

 

92

 

 

 

Ubicado nas dependencias da Delegación Territorial

 

Dispensario de Enfermidades do Tórax

 

Vigo, Cánovas del Castillo, 14

 

PROPIEDADE: Estado

 

250

 

 

1.742

 

Ubicado dentro do Edificio de Sanidade Exterior e do Centro Secundario de Hixiene Rural

 

Centro de Diagnóstico e Orientación Terapéutica

 

Vigo, Cánovas del Castillo, 14

 

PROPIEDADE: Estado

 

20

 

 

1.742

 

Ubicado dentro do Edificio de Sanidade Exterior e do Centro Secundario de Hixiene Rural

 

MATERIAL E EQUIPO

O que figura nos libros de Inventario de cada centro ou hospital, que serán actualizados no seu caso no momento de formaliza-la entrega.