Decreto 379/1991, do 7 de novembro, polo que se crean os consellos asesores técnicos da Consellería de Sanidade.

A Lei 1/1989 do 2 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Saúde, modificada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, no seu artigo 10 ven crea-lo Consello Galego de Saúde como órgano consultivo e de participación comunitaria de carácter representativo e democrático con funcións relativas a emitir informe sobre Plan Galego de Saúde da Comunidade Autónoma e propoñer medidas tendentes a mellora-la xestión do Servicio Galego de Saúde.

Co obxecto de elaborar ese Plan Galego de Saúde que necesariamente terá que axustarse ás necesidades sanitarias específicas de Galicia, faise necesario acometer de inmediato un profundo diagnóstico da situación actual e rematado este estudia-las posibles alternativas para solucionar ou diminui-los problemas detectados.

Sen prexuízo das atribucións que a lei lle confire ó Consello Galego de Saúde, é necesario arbitrar un mecanismo áxil de participación na elaboración do mencionado plan constituíndo un soporte básico o asesoramento que poidan presta-los profesionais altamente cualificados científica e tecnicamente nas distintas actividades sanitarias. De tal xeito débese conseguir que estes profesionais da sanidade se agrupen en órganos consultivos, os cales terán un carácter permanente, coa finalidade de facer realidade a participación dos profesionais sanitarios no proceso de toma de decisións implicándose así de forma efectiva e real no artellamento da sanidade galega.

Con base no exposto, por proposta do conselleiro de Sanidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de novembro de mil novencentos noventa e un,
 
DISPOÑO:
 

1.1.- Créanse os consellos asesores técnicos da Consellería de Sanidade como órganos asesores-consultivos desta.

2.- Os consellos asesores técnicos clasifícanse en catro grupos.

Grupo 1°: SAÚDE PÚBLICA E ADMINISTRACIÓN SANITARIA.

- Consello Asesor Técnico de Saúde Pública e Administración Sanitaria.

Grupo 2°: ATENCIÓN PRIMARlA.

- Consello Asesor Técnico de Atención Primaria

Grupo 3°: ESPECIALlDADES.

Composto polos consellos asesores técnicos das seguintes especialidades.

- Consello Asesor Técnico de Especialidades Médicas

- Consello Asesor Técnico de Especialidades Cirúrxicas.

- Consello Asesor Técnico de Especialidades de Apoio.

Grupo 4°: ENFERMERÍA.

-Consello Asesor Técnico de Enfermería.

 

2. Os obxectivos dos consellos asesores técnicos serán o asesoramento e a elaboración de propostas sobre política de saúde, procedementos e aspectos organizativos da asistencia sanitaria, orientadas cara ó incremento da efectividade, eficiencia e calidade dos servicios sanitarios.

 

3. Para o desenvolvemento dos obxectivos citados no artigo anterior, os consellos asesores técnicos desenvolverán, no ámbito de actuación de cada consello, as actividades seguintes:

a) Análise da situación e necesidades de servicios sanitarios.

b) Avaliación da efectividade, eficiencia e calidade dos servicios sanitarios, dos métodos e procedementos diagnósticos e terapéuticos.

c) Elaboración de propostas de intervención relativas a procedementos e organización de servicios para a utilización máis racional dos servicios asistenciais.

d) Participación na elaboración de directrices, protocolos e pautas coa finalidade de obte-la mellor estandarización, utilización e avaliación dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.

e) Análise da situación actual e necesidades en materia de formación continuada e investigación, para o establecemento de prioridades, e elaboración de propostas de realización.

 

4. 1.- A Consellería de Sanidade establecerá as directrices de cada Consello Asesor Técnico, que serán seguidas por estes para a elaboración dos seus respectivos plans de traballo.

2.- Cada consello organizará a distribución de tarefas para a realización das actividades a el encomendadas e poderá integrar, para cuestións moi específicas, profesionais alleos ó seo do consello, logo de aceptación pola Consellería de Sanidade.

 

5. 1.- Cada consello estará integrado polo número de membros que no seu momento se determine.

2.- Correspóndelle á Consellería de Sanidade a designación dos membros dos consellos, que o serán por un período máximo de tres anos, podendo ser todos ou algúns deles nomeados novamente para períodos sucesivos no mesmo ou noutro Consello Asesor Técnico.

3.- Nos consellos pertencentes ó grupo de especialidades que se relacionan no artigo 1°, as sociedades científicas correspondentes participarán nos consellos propoñéndolle á consellería dous membros para cada un deles, sen que as ditas proposicións teñan carácter vinculante. Poderán face-la proposición as sociedades científicas cun ámbito territorial coincidente co da Comunidnde Autónoma, ou polos capítulos ou seccións correspondentes a Galicia, no caso de que teñan un ámbito territorial máis amplo.

4.- Cada consello terá un presidente e un se cretario designados pola Consellería de Sanidade. O presidente será un dos membros do consello e o secretario, con voz e sen voto, será un funcionario da consellería.

5.- A Consellería de Sanidade prestarálles ós consellos asesores técnicos o apoio administrativo necesario para o cumprimento das funcións que lles sexan encomendadas.

 

6. Nos casos en que a operatividade o aconselle, os consellos asesores técnicos poderán agruparse ou dividirse mediante orde do conselleiro de Sanidade.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

Os membros dos consellos asesores técnicos poderán percibi-las axudas de custo e indemnizacións que lles correspondan de conformidade co establecido nos números 3 e 4 do artigo 24 do Decreto 199/1990, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia e co acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de maio do referido ano.

 

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

 

Quedan derrogadas as normas ou disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó establecido no presente decreto, e concretamente o Decreto 23/1982, polo que se estructura e organiza o Consello de Sanidade de Galicia; a orde do 25 de xuño de 1987 pola que se constitúe a Comisión Asesora sobre Minusvalía Psíquica en Galicia e a orde do 31 de xaneiro de 1989 pola que se crea a Comisión de Coordinadores Comunitarios de Especialidades Médicas.

 

DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS

 

Primeira.- Facúltase o conselleiro de Sanidade para que dicte as disposicións necesarias en relación co desenvolvemento e execución do presente decreto.

 

Segunda.- O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.