Decreto 28/80, de 15 de outubro, polo que se asignan as competencias transferidas á Xunta pola administración do estado en materia de sanidade á Consellería de Sanidade e Seguridade Social.


En cumprimento do establecido na Disposición Transitoria 3ª do Real Decreto 1634/80, de 31 de xullo, polo que se transfiren á Xunta diversas competencias da Administración do Estado, o Pleno da Xunta de Galicia, en sesión de 15 de outubro de 1980, acordou asignar as referidas a Sanidade á Consellería de Sanidade e Seguridade Social.

En consecuencia, en virtude das competencias que me outorga o artigo 9 do Regramento de Réxime Interno da Xunta,

 

DISPOÑO:

 

Asígnase á Consellería de Sanidade e Seguridade Social as competencias transferidas á Xunta pola Administración do Estado en materia de Sanidade e facúltaselles para formalizar as correspondentes actas de transferencia, conforme ó establecido no Real Decreto 1634/80, de 31 de xullo.