Orde do 30
de marzo de 1987, pola que se crea a Comisión Asesora sobre Diabete en Galicia.
A diabete é unha enfermidade que
constitúe un importante problema de saúde pública derivado da súa
morbi-mortalidade, do alto grao de incapacidade que se deriva dela e, por
conseguinte, do elevado custo socio-sanitario que xera. A súa incidencia e
prevalencia tenden a aumentar nos países desenvolvidos, tendencia explicable
por factores nutricionais, o incremento do nivel de vida, a mellora dos métodos
de detección e o aumento na esperanza de vida.
En
Galicia é necesario estructura-las accións que se van desenvolver de forma
integrada, atendendo os aspectos preventivos, terapéuticos, de rehabilitación e
sociais da enfermidade e coordenando tamén as distintas iniciativas que se
poidan dar desde sectores sociais, asociacións de afectados, sociedades
profesionais e outros grupos, para mellorar canto se poida os recursos
sanitarios e sociais disponibles.
En
consecuencia, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 36.2 da
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o
artigo 33.1 do Estatuto de Autonomía de Galicia,
DISPOÑO:
1. Créase a
Comisión Asesora sobre Diabete en Galicia, como órgano consultivo da
Consellería de Sanidade e Seguridade Social.
2. A Comisión
Asesora sobre Diabete en Galicia comporase dos seguintes membros:
-Presidente:
O
director xeral de Saúde Pública ou persoa en quen delegue.
-Vocais:
Un
representante da Dirección Xeral de Atención Especializada do Servicio Galego
de Saúde.
Un
experto no tema da atención especializada nomeado polo director xeral de
Atención Especializada do Servicio Galego de Saúde.
Un
ATS ou ATS/DUE experto no tema da diabete nomeado polo director xeral de
Atención Especializada do Servicio Galego de Saúde.
Un
experto no tema da diabete nomeado polo director xeral de Saúde Pública da
Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Un
representante da Dirección Xeral de Saúde Pública, nomeado polo director xeral,
que actuará como secretario.
Un
representante da Dirección Xeral de Atención Primaria do Servicio Galego de
Saúde.
Un
representante da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo.
Un
representante do Instituto Galego de Oftalmoloxía.
Un
representante da Federación Galega de Educadores en Diabete.
Dous
representantes das asociacións de diabéticos existentes na Comunidade Autónoma
de Galicia
3. Son
funcións da Comisión Asesora sobre Diabete en Galicia:
a)
Estudiar e avalia-los resultados obtidos nos proxectos e actividades
desenvolvidas na Comunidade Autónoma acadando, para iso, a información
dispoñible.
b) Potenciar
e asesora-los estudios epidemiolóxicos que permitan coñece-la incidencia e
prevalencia da diabete en Galicia.
Primeira.-
Esta Orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Segunda.-
Facúltase ó Director Xeral de Saúde Pública para o desenvolvemento e execución
desta Orde.