Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde[1].

 

TÍTULO I

Natureza e funcións

 

1. Pola presente Lei créase o Servicio Galego de Saúde, que terá como finalidade a xestión dos servicios sanitarios de carácter público dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e a coordenación integral de tódolos recursos sanitarios e asistenciais existentes no seu territorio, no ámbito da súa competencia.

 

O Servicio Galego de Saúde constitúese como un organismo autónomo de carácter administrativo, dotado de personalidade xurídica propia, adscrito á Consellería de Sanidade, que exercerá a dirección e o control do mesmo.

 

 

2. A organización e o funcionamento do Servicio Galego de Saude responderá ós principios de integración, desconcentración, simplificación, racionalización, economía, eficacia e participación democrática da comunidade.

 



[1] A Disposición derrogatoria da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia sinala derroga expresamente esta norma e a súa modificación posterior (Lei 8/1991, do 23 de xullo), agás o preceptos que se manteñen: A dita disposición di:

“Quedan derrogadas cantas disposicións se opoñan ó disposto nesta lei e, en particular:

a) A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, agás os seus artigos 1 e 2, que se manterán vixentes.

b) A Lei 8/1991, do 23 de xullo, que modificaba a anterior.”