Orde do 30 de xullo de 1984, pola que se crea o programa de loita contra a lepra.

Unha serie de estudios previos puxeron de manifesto a relativa presencia de lepra na nosa Comunidade Autónoma desde tempos históricos, así como a súa importancia sanitaria e a súa repercusión social e económica. Esta suma de situacións xustifica, por parte da Consellería de Sanidade e Consumo, que se adopten tódalas medidas necesarias para erradica-la devandita enfermidade da nosa Comunidade.

Por isto, en virtude do anteriormente exposto e das competenicas establecidas no artigo 33 do Estatuto de Autonomía para Galicia, no Real Decreto 1.634/1980, do 31 de xullo, e na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, esta Consellería de Sanidade e Consumo,

 

DISPÓN:

 

1. Créase o programa de loita contra a lepra e establecense as accións necesarias para a súa relización.

 

2. A Dirección Xeral de Saúde Pública encargarase da dirección, coordenación e control do programa, tanto na acción directa como na que corresponda ós órganos periféricos da Consellería.

 

3. As unidades de loita contra a lepra, que dependerán das Delegacións Provinciais da Consellería de Sanidade e Consumo, estableceranse nas seguintes cidades: Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña que contará con dúas unidades.

As unidades estarán encargadas de levar a cabo a xestión directa do programa no seu ámbito de actuación.

Ó frente de cada unha delas figurará un dermatólogo do Estado, que contará coa colaboración do persoal sanitario necesario para poder realiza-lo tratamento e control tanto dos enfermos que acudan a ela coma daqueles que necesitan tratamento domiciliario.

 

4. Créase o Ficheiro Unificado de enfermos de lepra en Galicia e de convivintes.

 

5. Os Xefes das unidades de loita contra a lepra deberán cubri-los cuestionarios e fichas correspondentes, coordenando as súas funcións coa Direción Xeeral de Saúde Pública, en orde ó seguimento e control dos pacientes e dos seus convivintes.

 

6. Con carácter inmediato procederase á elaboración dun estudio epidemiolóxico descritivo, que permita cuantificar, coa maior exactitude, a situación real da enfermidade en Galicia, que servirá de base para a confección do Mapa Epidemiolóxico cuantitativo e cualitativo da lepra en Galicia.

 

7. Con periodicidade anual levarase a cabo unha avaliación de rendementos sanitarios e facilitarase a difusión correspondente dos resultados do programa.

 

8. Os médicos titulares e o persoal sanitario auxiliar colaborarán tanto na fase de elaboración do censo de enfermos, coma nas do seu seguimento e control.

9. Extremarase a vixilancia antileprosa nos recoñecementos periódicos de escolares, manipuladoras de alimentos, outros traballadores e de calquera outro sector poboacional susceptible de exames médicos regulares, solicitando a colaboración dos organismos e entidades responsables.

10. Co fin de actualiza-los coñecementos neste tema, a Dirección Xeral de Saúde Pública procederá a impati-los cursos de perfeccionamento necesarios ós sanitarios locais que lles permitan acomete-la súa función coa máxima preparación.

 

11. O internamento dos enfermos en institucións especializadas, cando así o requira a súa situación, realizarase de acordo coa vixente lexilación.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS

 

Primeira.- Autorízase á Dirección Xeral de Saúde Pública para dicta-las instruccións e adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución da presente Orde.

 

Segunda.- A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vease también