Real Decreto 1.634/1980, de 31 de xullo, sobre transferencias da administración do estado á Xunta de Galicia en materia de traballo, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca.


O Real Decreto sete/mil novecentos setentaoito, do dezaseis de marzo, polo que se estableceu o réxime preautonómico para Galicia, desenrolado polo Real Decreto cuatrocentos setentecatro/mil novecentos setenteoito, do dezaseis de marzo, contiña distintas previsión para posibilita-lo exercicio pola Xunta de Galicia de competencias astra o momento correspondentes a diversos Organismos da Administración do Estado.

Neste sentido, os Reais Decretos números douscentos doce/mil novecentos setentenove, do 26 de xaneiro e mil catorce/mil novecentos setentenove, do 13 de febreiro, regularon as transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de turismo, actividades molestas, insalubres, danosas e perigosas, transporte, urbanismo e interior.

Tendo progresado, mediante mecanismo establecido nas disposicións aludidas, o estudio de posibles novas transferencias á Xunta de Galicia, resulta procedente traspasar diversas funcións de traballo, estas como primeira fase no período preautonómico, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca.

Esta é a finalidade e contido do presente Real Decreto, elaborado á vista das propostas elevadas pola Comisión Mixta de transferencias, co que se potenciarán as funcións e competencias da Xunta, mentras a autonomía de Galicia acade a súa plenitude por medio do Estatuto previsto na Constitución.

En consecuencia e facendo uso da autorización contida nos artigos sexto, c), e noveno do Real Decreto-lei cuarenteún/mil novecentos setentesete, do vintenove de setembro, a proposta do Ministro de Administración Territorial e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día trinta e un de xullo de mil novecentos oitenta,

 

DISPOÑO:

 

CAPÍTULO PRIMEIRO

 

Competencias da Administración do Estado

que se transferen á Xunta de Galicia

 

SECCIÓN CUARTA

 

Sanidade

 

32. Un. Corresponde á Xunta de Galicia, no marco da planificación xeral sanitaria do Estado, e dentro do seu ámbito de actuación territorial, a organización, programación, dirección, resolución, control, vela, tutela, así como a sanción e intervención nas actividades e servicios de competencia da Administración sanitaria do Estado relacionadas no artigo seguinte deste Real Decreto.

Dous. Asimesmo, a Xunta exercerá nas materias transferidas as funcións da inspección técnica de sanidade, sin perxuício das actuacións que leven a cabo os órganos da Administración do Estado a efectos de coordinación e supervisión.

Tres. O réxime previsto nos apartados anteriores non producirá en ningún caso duplicidade de actuacións entre os órganos da Administración do Estado e os da Xunta de Galicia.

Catro. En ditas materias corresponderanlle á Xunta asimesmo as fucións de estudio, recopilación de datos e información e establecerá o procedemento adecuado prá súa comunicación obrigatoria, sistemática e normalizada á Administración do Estado, de acordo coa normativa deste co fin de garantiza-lo cumprimento dos fins e obxectivos comúns do mesmo e de obter un sistema sanitario coherente, armónico e solidario.

 

33. Un. Transférense á Xunta de Galicia as seguintes funcións e competencias en orde á acción pública sanitaria:

a) O control sanitario das augas de bebidas, augas residuais, residuos sólidos, contaminación atmosférica, vivenda e urbanismo, locais e edificios de convivencia pública ou colectiva e, en xeral, do medio ambiente no que se desenvolve a vida humana.

A Xunta desesnrolará tamén as actividades sanitarias relacionadas cos establecementos e industrias molestas, insalubres, nocivas e perigrosas.

b) O control da publicidade médico-sanitaria a que se refire o Real Decreto dous mil oitocentos vintesete/mil novecentos setentesete, de seis de outono, e disposicións que o desenrolan ou modifican.

c) As competencias que, en relación coa policía sanitaria mortuoria, atribúe o Decreto dous mil douscentos sesentetrés/mil novecentos setentecatro, de vinte de xullo, e disposicións complementarias, ós órganos da Administración do Estado.

Para asegura-la necesaria coordinación coas demais Entidades e órganos competentes nos supostos de traslados de cadáveres que o seu recorrido exceda do territorio da Xunta, esta deberá de cumprir, nos seus propios términos, as esixencias de comunicación previstas no artigo vintenove e no apartado d) do artigo trinta e seis da citada disposición.

d) O estudio, vela e análise epidemiolóxico dos procesos que inciden positiva e negativamente na saúde humana, quedando obrigada a Xunta a comunicar ó Ministerio de Sanidade e Seguridade Social os datos estadísticos obtidos, así coma cantas situacións epidémicas poidan detectare.

e) Os programas sanitarios tendentes á protección e promoción da saúde, tales coma os de hixiene maternal, infantil, escolar, industrial, laboral, deportiva, mental, así coma as accións sanitarias permanentes en materia de enfermedades transmisibles e non transmisibles, antropozoonose e educación sanitaria.

f) O desenrolo de programas de formación en materia de saúde pública, coordinadamente coa Administración do Estado, na forma en que regramentariamente se estableza.

Non obstante o anterior, os Ministerios de Educación, Universidades e Investigación e o de Sanidade e Seguridade Social conservarán as competencias que a vixente lexislación lles outorga ó obxecto de mante-la homologación de programas e titulacións.

g) O outorgamento da autorización oportuna prá creación, construcción, modificación, adaptación ou supresión de Centros, servicios e establecementos sanitarios de calquera clase e natureza, incluidos os balnearios e as Entidades do Seguro Libre de Asistencia Médico-Farmacéutica.

Quedan exceptuadas da transferencia as autorizacións que se refiren ós laboratorios e Centros ou establecementos de elaboración de drogas, productos estupefacientes, psicotrópicos ou similares, especialidades farmacéuticas e as súas materias primas e material instrumental médico, terapéutico ou correctivo.

h) O control sanitario da producción, almacenamento, transporte, manipulación e venta de alimentos, bebidas e productos relacionados directa ou indirectamente coa alimentación humana, cando estas actividades se desenrolen en Galicia.

Dous. No exercicio das funcións contidas no número anterior, entenderase que os criterios técnicos de aplicación serán os contidos nas instruccións que, con carácter xeral, dite o Ministerio de Sanidade e Seguridade Social ou que resulten da aplicación de tratados internacionais ratificados polo Estado español e publicados de acordo co previsto no título preliminar do Código Civil.

 

34. Un. Pasarán a depender da Xunta de Galicia as Comisións proviciais de Publicidade Médico-Sanitaria existentes no seu territorio.

Dous. Integrarase un representante da Administración Sanitaria da Xunta de Galicia en cada unha das Comisións provinciais seguintes existentes no territorio de aquela.

Dous. Un. Comisión provincial prá elaboración do anteproxecto de mapa sanitario, de acordo co previsto no artigo primeiro coma dous coma b), do Real Decreto dous mil douscentos vinteún/mil novecentos setenteoito, de vintecinco de agosto.

Dous. Dous. Comisión Delegada da Sanidade, Seguridade Social e Asuntos Sociais da Provincial de Goberno.

Dous. Tres. Subcomisión de Saneamento da Comisión provincial de colaboración do estado coas Corporacións Locais.

Tres. Cando o Pleno, Subcomisións, Comités ou ponencias de traballo da Comisión Central de Saneamiento e da Comisión Central de Coor-dinación Hospitalaria celebren sesións sobre supostos e cuestións das súas competencias, orixinadas ou desenroladas exclusivamente en territorio da Xunta, incorporarase a estas sesións un representante desta.

 

35. Recóllense no anexo IV do presente Real Decreto as disposicións legais afectadas pola transferencia.

 

CAPÍTULO II

 

Disposicións Xerais

 

57. Un. Cando pró exercicio de algunha das competencias transferidas á Xunta polo presente Real Decreto sexa preceptivo o ditame do Consello de Estado a petición do mesmo acordaraa o Presidente da Xunta de Galicia, solicitándoa a través do Ministerio especificamente competente na materia de que se trate, quen requirirá ó Consello de Estado prá súa emisión.

O mesmo procedemento se seguirá cando a Xunta acorde oír voluntariamente ó Consello de Estado nalgún expediente.

Dous. Se non se establece outra cousa no presente Real Decreto, os demais informes que a lexislación vixente esixa doutros órganos distintos do Consello de Estado manteranse co propio carácter que teñan establecido, pro a súa emisión corresponderá ós órganos equivalentes que existan ou de nova creación dentro da Xunta. 

58. Un. Sin prexuício da aplicación da lexislación reguladora das materias obxecto de transferencia polo presente Real Decreto, o réxime xurídico dos actos da Xunta de Galicia acomodarase ó disposto na Lei de Réxime Xurídico da Administración do Estado e na de Procedemento Administrativo; igualmente será de aplicación a lexislación sobre contratos do Estado pra aqueles que celebre a Xunta de Galicia no exercicio das funcións transferidas.

Dous. Contra das resolucións e actos da Xunta de Galicia caberá o recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, agás que por outra disposición legal se esixira a interposición de recurso de alzada, que se sustanciará ante a propia Xunta. O réxime xurídico destes recursos será o establecido nas Leis de Procedemento Administrativo e da Xurisdición Contecioso-Administrativo.

Tres. A responsabilidade da Xunta procederá a esixirase nos mesmos términos e casos que establece a lexislación de Réxime Xurídico da Administración do Estado e de Expropiación Forzosa.

Catro. As transferencias de bens de dereitos estatais que sexan preciso pró funcionamento dos servicios transferidos á Xunta someteranse ó réxime establecido na sección quinta, capítulo primeiro do título segundo da Lei de Patrimonio do Estado.

En todo caso, nos acordos de cesión de bens e dereitos determinarase se esta é total ou parcial ou non temporalmente limitada.

 

59. Un. A execución ordinaria dos acordos da Xunta de Galicia, no exercicio das competencias que se lle transferen por este Real Decreto, acomodarase ó disposto no artigo oitavo do Real Decreto -lei sete/mil novecentos setenteoito, de dezaseis de marzo.

Dous. As competencias transferidas á Xunta de Galicia no presente Real Decreto poderán ser transferidas ou delegadas, no seu caso, por esta ás Diputacións Provinciais comprendidas no territorio de Galicia.

Os acordos de transferencias ou delegación deberán ser publicados no "Boletín Oficial del Estado" e no da Xunta de Galicia.

Tres. As Diputacións Provinciais quedarán sometidas, pra tódolos efectos xurídicos, no exercicio das competencias transferidas ou delegadas pola Xunta de Galicia, ó ordenamento local.

 

60. Con anterioridade á data de entrada en efectividade das transferencias a que se refire o presente Real Decreto, a Comisión Mixta procederá a determina-las unidades administrativas, os medios persoais presupostarios e patrimoniais que se han pór a disposición da Xunta pra realiza-la xestión e administración das funcións e servicios da Administración do Estado transferidos polo presente Real Decreto.

 

61. Por Orde da Presidencia do Goberno, a proposta do Ministerio competente e do de Administración Territorial, en todo caso, ditaranse as disposicións precisas pró desenrolo e execución do presente Real Decreto.

 

62. A Comisión Mixta de transferencias de competencias á Xunta de Galicia actuará na fase de aplicación da presente disposición como órgano de coordinación, estudio e consulta e poderá propor ó Goberno ou ós Ministerios competentes as medidas que estime precisas prá súa execución.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL

 

No prazo de seis meses a partir da entrada en efectividade do presente Real Decreto, a Xunta de Galicia elevará ó Goberno unha proposta de remodelación dos órganos rectores do Plan Marisqueiro de Galicia, determinados no artigo quinto e seguintes do Decreto mil douscentos trinta e oito/mil novecentos setenta, de trinta de abril, con vista a súa actualización e armonización coa presente situación socioeconómica.

Mentres se efectúa a devandita remodelación, corresponderá, en todo caso, á Xunta a libre designación e separación do Xerente do Plan.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS

 

Primeira.- O presente Real Decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no "Boletín Oficial del Estado".

 

Segunda.- As competencias a que se refire o presente Real Decreto empezarán a exercerse pola Xunta de Galicia a partir do un de outono de mil novecentos oitenta, prá dita data deixarán de intervi-los órganos anteriormente competentes, agás pra remitir á Xunta os documentos referentes ás funcións e servicios traspasados.

Prá mesma data terá efectividade a adscripción do persoal, as cesións patrimoniais e as transferencias presupostarias procedentes do Estado. Pra opera-los referidos traspasos terán de cumprimentarse os requisitos e formalidades esixidos pola lexislación vixente.

 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 

Primeira.- Un. Os expedientes iniciados antes da data sinalada na disposición final segunda sobre as materias obxecto de transferencia polo presente Real Decreto concluiranse en tódolos seus incidentes, aínda recursos, polo órganos actualmente competentes se este foran os Servicios Centrais da Administración do Estado, sin que a Xunta exerza respecto dos mesmos as competencias que este Real Decreto lle transfere.

Dous. Nos demais casos os servicios periféricos da Administración do Estado remitirán á Xunta os expedientes en tramitación no estado en que se encontren pra súa continuación o resolución pola Xunta se esta resulta competente segundo o disposto no presente Real Decreto.

 

Segunda.- Un. A partir da entrada en vigor do presente Real Decreto procederase a inventariar todo o material e documentación relativos ás competencias que se transferen e que deban de traspasarse á Xunta de acordo coa disposición transitoria primeira.

Dous. Se pra calquera resolución que tivera que dita-la Xunta se precisara ter en conta expedientes ou antecedentes que cos mesmos garden relación e figuren nos arquivos da Administración do Estado, a Xunta solicitaraos desta, que remitirá copia certificada do seu contido ou os orixinais se preciso fose, quedantdo neste caso aquela copia nos arquivos de procedencia en sustiticuón dos orixinais remitidos.

 

Terceira.- A Xunta de Galicia organizará os servicios precisos e distribuirá entre os órganos correspondentes as competencias que no mesmo se transferen publicándose os correspondentes acordos no "Boletín Oficial del Estado" e no da Xunta de Galicia antes da data a que se refire a disposición final segunda.