O
Real decreto 1.679/1990, do 28 de decembro, aprobou o acordo da Comisión Mixta
de Transferencias adoptado o 27 de decembro do mesmo ano, sobre traspasos á
Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios do Instituto Nacional
da Saúde, traspaso asumido pola Xunta de Galicia mediante o Decreto 16/1991, do
11 de xaneiro, que adscribe as ditas funcións e servicios á Consellería de
Sanidade.
O
Decreto 373/1992, do 17 de decembro, aprobou o acordo de transferencia á
Comunidade Autónoma de Galicia do Hospital Médico-Cirúrxico Provincial e do
Sanatorio Psiquiátrico de Conxo e a rede asistencial deste, dependentes da
Deputación Provincial da Coruña, encargando á Consellería de Sanidade e ó
Servicio Galego de Saúde o exercicio das funcións emanadas das súas respectivas
competencias.
Faise
necesario, por tanto, dictar unha norma que regule, no primeiro momento da
transferencia, a coordinación de tódolos recursos sanitarios de asistencia
especializada que conflúen na Área Sanitaria de Santiago de Compostela. E isto,
en tanto a Consellería de Sanidade procede ó estudio, dimensionamento e detalle
da estructura que se crea, estructura esta que deberá de permitir incorporar
recursos de múltiples réximes xurídicos, aportando flexibilidade e integración
á organización resultante, así como a súa óptima aportación á docencia en
ciencias da saúde, sempre no marco dos criterios de organización sanitaria da
Consellería de Sanidade.
Por
último é de destaca-lo carácter de tempo-ralidade que posúe o órgano colexiado
que se crea -xunta de dirección- e que desaparecerá no momento no que se
pormenorice e detalle a nova estructura que este decreto crea.
Na
súa virtude, de conformidade co establecido no artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22
de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, por proposta
do conselleiro de Sanidade, previó informe do conselleiro de Economía e
Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión
do día dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e tres,
DISPOÑO:
1. Ámbito
de aplicación.
O presente decreto será de aplicación ós distintos centros asistenciais de asistencia especializada da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, dependentes da Consellería de Sanidade e xestionados polo Servicio Galego de Saúde.
Créase
o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela como estructura que agrupa os
distintos centros asistenciais de asistencia especializada da Área Sanitaria de
Santiago de Compostela.
3. Órganos
de dirección da asistencia especializada da Área Sanitaria de Santiago de
Compostela.
A.
Órgano unipersoal.
1.
Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
B.
Órgano colexiado.
2.
Xunta de Dirección.
4. A
Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
Á
fronte do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela existirá un xerente
xeral nomeado pola Consellería de Sanidade, por proposta do Servicio Galego de
Saúde, de conformidade co establecido nos decretos 148/1991, do 2 de maio, e
143/1992, do 5 de xuño.
5. Funcións
da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
a)
A representación do complexo.
b)
Coordina-la programación, dirección, avaliación e control dos plans de
actividade económicos e de organización da estructura integrada baixo a
superior dirección do Servicio Galego de Saúde.
c)
Propoñerlle ó Servicio Galego de Saúde as adaptacións organizativas que
resulten procedentes e os acordos que, en relación a outras institucións ou
sociedades, poidan convir ó mellor funcionamento do complexo.
d)
Eleva-los informes periódicos e memoria de xestión que o Servicio Galego de
Saúde considere oportunos.
e) Cantas outras funcións lle sexan delegadas polos órganos competentes.
1.
A Xunta de Dirección é o órgano colexiado de dirección da asistencia
especializada da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. Compoñen a Xunta de
Dirección:
- O
director xeral de Organización Sanitaria do Servicio Galego de Saúde, que
ostenta a presidencia, ou persoa en quen delegue.
- O
subdirector xeral de Planificación, Ordenación e Inspección Sanitaria da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
- O
xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
- O
director xerente do Hospital Xeral de Galicia.
- O
director xerente do Hospital Médico-Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo.
2.
A Xunta de Dirección reunirase quincenalmente e cando o presidente o estime
conveniente.
3
Correspóndenlle á Xunta de Dirección as seguintes funcións:
a)
A análise dos plans de actuación en asistencia especializada.
b)
O seguimento dos distintos centros de asistencia especializada.
c)
Estudia-las distintas alternativas e plans de garantía de calidade total que
conduzan, de xeito eficiente, á mellora continuada na calidade dos servicios
prestados.
DISPOSICIÓN
ADICIONAL
No
prazo de seis meses desde a entrada en vigor do presente decreto, elaborarase o
novo convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que
regulará as relacións derivadas desta nova estructura.
DISPOSICIÓNS
TRANSITORIAS
Segunda.
1. En tanto non se produza o nomeamento do xerente xeral do Complexo
Hospitalario de Santiago de Compostela, e por resolución da Consellería de
Sanidade, poderá acumularse o seu desempeño no director xerente do Hospital
Xeral de Galicia, Gil Casares.
2. En caso de ausencia, vacante ou enfermidade do xerente xeral, desempeñará as súas funcións o director xerente do Hospital Xeral de Galicia, Gil Casares.
DISPOSICIÓN
DERROGATORIA
Quedan
derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó
disposto neste decreto.
DISPOSICIÓNS
DERRADEIRAS
Primeira.
A estructura orgánica que se fixa neste decreto non supón incremento de gasto.
Segunda.
Queda autorizada a Conselleria de Sanidade para dictar cantas disposicións
cumpran para o desenvolvemento e execución do disposto neste decreto, que
entrará en vigor o dia seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.