• Galego
  • Castellano
  • Menú
  • Buscador actividades formativas
  • Aula Virtual
  • Login
A miña actividade
  • INS Inscricións no ano
  • ACT Actividades recibidas
Actividades recibidas
  • AFA Actividades formativas activas
  • AFR Actividades formativas rematadas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servicio Galego de Saúde Consellería de Sanidade
  • Galego
  • Castellano
Actividades Formativas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servizo galego de Saúde Consellería de Sanidade

F Ficha Técnica do Curso

COMUNICACIÓN CLÍNICA: A PRESTACIÓN DA AXUDA PARA MORRER EN GALICIA. A APLICACIÓN DA LEI ORGÁNICA 3/2021, DE REGULACIÓN DA EUTANASIA

Datos técnicos do curso
Código 2311120
Organizado por Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)
Para consultas TELEFORMACION.ACIS@SERGAS.ES ACIS - TELEFORMACIÓN
Periodo de Inscrición 05/02/23 - 31/12/23
Datas de realización Dispoñible ata o 31 de decembro de 2023 //////////// ACCESO AO CURSO: Hai que inscribirse a través do Perfil ACIS, como en calquera outro curso da Axencia. Unha vez inscritos, no propio Perfil ACIS teremos acceso ao curso na Aula Virtual.
Lugar de realización Teleformación
Nº Prazas 0
Nº Inscritos 2368
Horario -
Horas Lectivas 6

Ficha do curso
Contidos xerais Conceptos básicos: adecuación do esforzo terapéutico, rexeitamento do tratamento, paliativos, sedación paliativa e terminal, suicidio asistido, eutanasia. Escenarios do final de vida. Atención integral en coidados paliativos. A lei 5/2015, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais da Comunidade Autónoma de Galicia. O contexto da Lei orgánica de regulación da eutanasia (LORE). Lei orgánica de regulación da eutanasia. Conceptos e estrutura. Garantías. Sistemática da PAM: Protocolo. Os actores do proceso e as súas funcións. Guía técnica asistencial da Prestación de Axuda para Morrer. Aplicación clínica. Preparación e uso seguro dos fármacos no proceso asistencial. Preparación, coidados e atención do paciente pola enfermaría. Aspectos psicolóxicos no proceso de morrer: o paciente, o seu contorno e os profesionais sanitarios que participan na prestación de axuda para morrer. Obxección de conciencia. Rexistro de obxectores. Instrucións previas. Planificación compartida da atención. Recursos na rede: páxina web do Servizo Galego de Saúde. Outras páxinas web de interese.
Obxectivos Realizar unha aproximación ao contexto da Lei orgánica de regulación da eutanasia, e realizar a súa análise desde a perspectiva xurídica. Coñecer o Protocolo sobre o procedemento para a realización da prestación da axuda para morrer (PAM), que establece a sistemática a seguir na Comunidade Autónoma de Galicia, en todo o concernente a esta prestación. Coñecer a aplicación clínica da guía asistencial da PAM, o uso seguro dos fármacos no proceso asistencial e a preparación e coidados por parte do persoal de enfermaría. Afondar no coñecemento da atención integral en coidados paliativos. Coñecer os aspectos psicolóxicos derivados da PAM no paciente, no seu contorno e nos profesionais sanitarios que participan nela. Coñecer o significado da obxección de conciencia, recoñecer o que non se considera obxección de conciencia, os seus requisitos básicos, características e clases. Afondar no coñecemento das instrucións previas.
Destinatarios médicos/as, farmacéuticos/as, psicólogos/as, enfermeiros/as, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería, técnico/a en farmacia, traballadores/as socias, técnicos/as grupo A1 función administrativa, que teñan ou tivesen relación contractual co Servizo Galego de Saúde.
Créditos 0,6 CRÉDITOS PARA Enfermaría, Farmacia, Medicina, Psicoloxía Clínica, Técnico en coidados auxiliares de enfermaría, Técnico/a en Farmacia e Parafarmacia
Acreditado por: Acreditado por COMISIÓN AUTONÓMICA DE FORMACIÓN CONTINUADA DE GALICIA

Descarga de documentación
Condicións de inscrición
Volver
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde
Turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde