• Galego
  • Castellano
  • Menú
  • Buscador actividades formativas
  • Aula Virtual
  • Login
A miña actividade
  • INS Inscricións no ano
  • ACT Actividades recibidas
Actividades recibidas
  • AFA Actividades formativas activas
  • AFR Actividades formativas rematadas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servicio Galego de Saúde Consellería de Sanidade
  • Galego
  • Castellano
Actividades Formativas
Axencia de Coñecemento en Saúde Servizo galego de Saúde Consellería de Sanidade

CIC Condicións inscrición cidadán

Condicións xerais de inscrición

1. Quen se pode inscribir

Poderán participar nas accións formativas do Plan AFEDAP todas/os as/os profesionais que presten ou prestaran servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde, as/os aspirantes ás vinculacións temporais no ámbito das institucións do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro do pacto de selección temporal vixente en cada momento, así como o persoal, integrado no réxime estatutario, pertencente ás axencias públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

No resto de actividades (incluíndo o PEF) poderán participar os mesmos destinatarios ademais doutro persoal, cando así veña especificado no anexo de cada acción formativa.

As persoas interesadas en participar nas actividades formativas deberán cumprir os requisitos esixidos para cada curso.

Non poderán participar nas actividades formativas as persoas solicitantes incluídas na listaxe de persoal seleccionado que, ao inicio do curso, estean en situación de baixa laboral por incapacidade temporal. Esta incidencia deberalla comunicar, por escrito, a persoa afectada á ACIS, para os efectos de cubrir a vacante e evitar a penalización que comportaría a súa falta de comunicación, prevista na cláusula sexta.

O persoal que se atope gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou excedencia para o coidado de fillos e familiares poderá participar nas actividades formativas, consonte establecen os artigos 57.4 e 76 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a disposición adicional décimo novena, punto trece da Lei orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

2. Como inscribirse

A inscrición será exclusivamente a través da páxina web da Axencia (acis.sergas.es), accedendo ao apartado O meu perfil.

Só é necesario xuntar certificación dos servizos prestados fóra do Sistema público de saúde de Galicia. A certificación deberá ser remitida ao enderezo da ACIS nos prazos establecidos para o envío das solicitudes de preinscrición.

3. Prazos de inscrición

O período de inscrición estará aberto dende o 23 de xaneiro de 2018 ata un mes antes do inicio de cada actividade formativa.

4. Criterios de selección de alumnas/os

Actividades incluídas no Plan de Formación Continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde (Plan AFEDAP)

A. Os criterios de selección para participar nas accións formativas convocadas ao abeiro do Plan de Formación Continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde (Plan AFEDAP) serán os que a continuación se detallan. En todo caso, reservarase en cada actividade formativa unha cota do 5% para ser cuberta por persoas discapacitadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que o poidan acreditar e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria para cada actividade:

  1. Ser a persoa solicitante destinataria da acción formativa concreta, de conformidade co establecido para cada curso.

  2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, terán prioridade as/os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso. Con esta finalidade, na solicitude deberán detallarse as tarefas que sexan máis representativas do posto de traballo e que garden relación específica cos contidos da actividade. Non se valorarán as funcións que non se indiquen.

  3. Menor número de cursos realizados nos dous anos anteriores.

  4. Terán prioridade as/os profesionais con vínculo fixo sobre as/os temporais.

  5. Terán prioridade as persoas que acrediten maior tempo de servizos prestados no ámbito de institucións sanitarias da Unión Europea. A persoa solicitante deberá enviar ao enderezo da ACIS, nos prazos establecidos para o envío das solicitudes de preinscrición, unha certificación orixinal ou copia compulsada unicamente dos servizos prestados fóra do Sistema público de saúde de Galicia.

  6. En cada un dos tres puntos anteriores, terán preferencia na selección as/os aspirantes que nos últimos dous anos estean utilizando ou utilizasen unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para coidado de familiares, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Así mesmo, terán preferencia para participar nos cursos de formación as/os aspirantes que, durante o ano anterior á data de publicación desta convocatoria, se incorporasen ao servizo activo procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou reingresaran dende a situación de excedencia por razóns de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, de acordo co previsto no artigo 60.1 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Ademais, de conformidade co disposto no artigo 37 bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e co establecido na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na súa disposición adicional 1ª, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un 50% das prazas a mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, que accederán pola quenda reservada no caso de non haber suficientes solicitudes de participación de mulleres.

Actividades incluídas no Plan estratéxico de formación dos traballadores ao servizo da sanidade pública galega (PEF) e no resto de plans

B. Os criterios de selección para participar nas accións formativas convocadas ao abeiro do Plan estratéxico de formación dos traballadores ao servizo da sanidade pública galega (PEF), serán os que a continuación se detallan. En todo caso, reservarase en cada actividade formativa unha cota do 5% para ser cuberta por persoas discapacitadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que o poidan acreditar e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria para cada actividade:

  1. Ser a persoa solicitante destinataria da acción formativa concreta, de conformidade co establecido para cada curso.

  2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, terán prioridade as/os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso. Con esta finalidade, na solicitude deberán detallarse as tarefas que sexan máis representativas do posto de traballo e que garden relación específica cos contidos da actividade. Non se valorarán as funcións que non se indiquen.

  3. Menor número de cursos realizados nos dous anos anteriores.

  4. En cada un dos dous puntos anteriores, terán preferencia na selección as/os aspirantes que nos últimos dous anos estean utilizando ou utilizasen unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para coidado de familiares, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Así mesmo, terán preferencia para participaren nos cursos de formación as/os aspirantes que, durante o ano anterior á data de publicación desta convocatoria, se incorporasen ao servizo activo procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou reingresasen desde a situación de excedencia por razóns de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, de acordo co previsto no artigo 60.1 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    Ademais, de conformidade co disposto no artigo 37 bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e co establecido na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na súa disposición adicional 1ª, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un 50% das prazas a mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, que accederán pola quenda reservada no caso de non haber suficientes solicitudes de participación de mulleres.

  5. Por último, de continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, resolverase por data e hora de inscrición.

  6. No caso de que se anule algunha actividade formativa, A ACIS poderá ofrecerlles ás/aos admitidas/os nesa actividade a súa incorporación voluntaria noutra edición desa mesma actividade, sempre que nesta última haxa vacantes. Neste suposto, o chamamento ás/aos admitidas/os será pola orde de admisión da actividade anulada.

5. Publación das listaxes de admitidas/os

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase na páxina web da ACIS a listaxe provisional de admitidas/os e excluídas/os na acción formativa concreta, así como as causas da súa exclusión.

Ademais, enviarase unha SMS, a modo de recordatorio, ás/aos admitidas/os en cada acción formativa, sempre que se dispoña dun número de teléfono móbil na base de datos da Axencia. Estas mensaxes son simplemente informativas e non eximen as/os aspirantes de consultar a páxina web da ACIS.

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe provisional, para poder emendar, o defecto ou defectos que motivasen a exclusión e formular as reclamacións que coiden pertinentes.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións e unha vez resoltas pola ACIS despois do informe da Comisión Paritaria respectiva, publicarase na páxina web da Axencia a listaxe definitiva de admitidas/os e excluídas/os cunha antelación mínima de cinco días naturais ao inicio do curso.

En ningún caso se admitirá a asistencia de persoas na condición de oíntes.

6. Anulación de reserva

Se a/o aspirante seleccionada/o para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia a través da páxina web da ACIS cunha antelación mínima de catro días naturais á data fixada para o inicio da citada actividade.

De non facelo así, e agás motivo xustificado baseado en causa de forza maior ou acontecemento imprevisible, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos doce meses seguintes.

7. Certificación de asistencia

As/Os profesionais que asistan ás actividades nas que sexan admitidas/os terán á súa disposición a certificación correspondente e poderán visualizala no seu expedient-e (Fides), validada de xeito automático. Emitiranse e remitiranse certificacións en papel nos casos en que sexa solicitado polo interesado, vía correo electrónico (certificacions.acis@sergas.es) xustificando o motivo desta solicitude.

Para ter dereito á certificación de asistencia, deberá constatarse a asistencia ao 90% das horas lectivas, para o que as persoas participantes deberán asinar nos controis de entrada e saída que se establezan durante o desenvolvemento da actividade. Ademais, no suposto de que os cursos esixan a realización dalgunha proba ou traballo, expediráselles o certificado unicamente ás/aos alumnas/os que a superen.

8. Documentación

A documentación xerada nas actividades de formación da ACIS estará dispoñible para o alumnado na biblioteca virtual da Axencia (Documentación dixital da ACIS). Isto permitirá poder recuperala en calquera momento e dende calquera lugar. Como norma xeral, non se entregará documentación en papel.

9. Lei orgánica de protección de datos

Lei Orgánica 15/1999, Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal. Artigo 10.- O responsable do ficheiro e quen interveña en calquera fase do tratamento dos datos de carácter persoal están obrigados ó segredo profesional respecto dos mesmos e ó deber de gardalos, obrigacións que subsistirán aínda despois de finalizar as súas relacións co titular do ficheiro ou, no seu caso, co responsable do mesmo.

En cumprimento do Artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, comunicámoslle que os datos de carácter persoal aquí recollidos forman parte dun ficheiro declarado ante a Axencia Española de Protección de Datos e serán utilizados coa finalidade prevista.

Asi mesmo, a FEGAS, en virtude da súa condición de responsable dos ficheiros e segundo sinala o Artigo 9 da citada lei, garante adoptar as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Garántese o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na Escola Galega de Administración Sanitaria Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37. Edificio CNL. Portal A-B, 1º andar. San Lázaro, 15707 Santiago de Compostela.

Volver
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde
Turismo de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde