logo Conselleria
logo SERGAS

Escola Galega de Saúde Para Cidadáns

O experto responde: Día Mundial da Artrite 2015

Día Mundial da Artrite 2015
Nº de preguntas: 21
Me diagnosticaron una artiritis reumatoide. El reumatólogo que me atendió me dijo que tenía una artritis reumatoide seropositiva. Aunque me explicó lo que significaba realmente no lo entendí muy bien. Yo tengo entendido que las personas seropositivas son aquellas que tienen una enfermedad infecciosa, o personas que tienen el SIDA. Podría explicarme cual es el significado de seropositividad en la artritis reumatoide?
Una persona seropositiva es aquella que tiene un factor en el suero sanguíneo positivo. En el caso de la artritis reumatoide se habla de pacientes seropositivos refiriéndose a aquellos que tienen el factor reumatoide positivo. No tiene nada que ver con la infección por VIH. Sólo se refiere a una característica de la artritis reumatoide.
¿Qué probas, aparte da analítica, é recomendable facer para ver se a medicación, o metrotexato, está afectando a outros órganos?
Cando se toman medicacións como metrotrexato, en principio só serían necesario realizar analíticas sanguíneas de forma periódica. Logo, en función de se o paciente presenta algún síntoma, o reumatólogo pode solicitar outras probas (radiografía de tórax, etc.).
Ola. ¿Durante canto tempo como máximo se recomenda tomar metotrexato? E ¿qué efectos negativos pode ter no noso organismo?
Non hai un tempo máximo recomendado para tomar o metotrexato. A duración do tratamento depende de moitos factores como a agresividade da enfermidade, a duración da enfermidade, etc. Durante o tratamento adoitanse facer controis rutinarios para ver que a medicación non sente mal. Se non hai contraindicacións nin efectos adversos, pode estar moitísimos anos tomándoa. Entre os efectos negativos destacan risco de infeccións, toxicidade hepática, hematolóxica ou renal. Sen embargo, efectos secundarios polo metotrexato son pouco frecuentes e xeralmente leves ou transitorios.
¿Que diferencia hai entre a artrite e a artrose?
A artrite é un proceso inflamatorio que afecta as articulacións, ocasionando dor, aumento de temperatura, hinchazón enrojecemento e afectación de movilidade. En cambio, a artrose é un proceso dexenerativo que comeza afectando o cartílago articular, desgaste.
Boas tardes, diagnosticáronme AR fai uns meses. Estou tomando Zamene 6 mg. e Metoject 10 mg. Noto os tobillos hinchados coma cunhas bolsiñas de líquido, pode influir a medicación na retención de líquidos?
Os tobillos poden hinchar se están inflamados, é dicir, producidos pola propia artrite reumatoide. Ás veces, moitas persoas confunden a artrite con retención de líquidos nas pernas, na que hinchan difusamente. A retención de líquidos pode deberse a moitas causas como insuficiencia cardiaca e tamén medicamentos. Entre os medicamentos usados en reumatoloxía, a retención de líquidos pode deberse aos corticoides (como por exemplo, Zamene).
Buenos tardes. Quisiera saber si los balnearios son aconsejables para personas con artritis. Muchas gracias.
Los balnearios pueden ser beneficiosos en general para las personas y también para los pacientes con artritis. La única excepción es cuando el artritis está activa, ya que el calor aplicado en una articulación inflamada puede empeorar la sintomatología. En este caso lo recomendable es todo lo contrario, aplicar frío en la articulación afectada. Todos los balnearios cuentan con atención médica que le asesorará sobre los tratamientos más adecuados.
Qué exercicios nos recomenda para AR ?
Os exercicios máis recomendados son aqueles nos que non se cargan pesos, con pouca intensidade, por exemplo, natación, camiñar, exercicios aeróbicos de baixa intensidade. En xeral, todos aqueles que vostede considere que pode facer tendo en conta a súa mobilidade e o activa que está a enfermidade. En épocas de brote de artrite, especialmente as que afectan as articulación como os nocellos e os xeonllos, aconséllase repouso. É importante facer algún tipo de exercicio que manteña a mobilidade das articulacións.
Teño AR seropositiva. Cando se pode falar de volta a -normalidade- no factor reumatoide nunha analítica. Qué outros valores se deben ter en conta na mesma?
A volta á normalidade do factor reumatoide refírese a cando na analítica se negativiza (os valores dependen do laboratorio de que se trate). Pero isto non é importante á hora de avaliar a actividade da enfermidade ou tomar decisión con respecto ao cambio da medicación como pode ser, aumentar o medicamento, diminuílo ou suspéndelo. Outros parámetros da analítica que teñen en conta os médicos son os parámetros inflamatorios como a velocidade de sedimentación globular (VSG) e a proteína C reactiva (PCR), que moitas veces se elevan cando a enfermidade está activa.
¿Hay menos incidencia de artritis en países con clima cálido?
No, la temperatura y el clima no influyen en la frecuencia de aparición de artritis reumatoide en la población general. En Canarias y países tropicales también hay artritis.
No caso da artrite, en que casos é aconsellable aplicar calor e cando hai que aplicar frío?
No caso da artrite, o aconsellable é aplicar frío. O calor incluso pode aumentar ou empeorar a inflamación na articulación.
Con qué tratamentos se pode tratar una artrite se estás tomando Sintrom?
En canto aos calmantes en pacientes que toman Sintrom, non se recomendan os antiinflamatorios clásicos posto que poden alterar o rango do INR (o valor que lles dá na proba para axustarlle a medicación do Sintrom), e producir efectos secundarios como hemorraxias. Neste caso é aconsellable como antiinflamatorios os chamados inhibidores selectivos da COX-2. O resto da medicación empregada na artrite reumatoide non ten inconvenientes en usarse a pesar do Sintrom. Outro aspecto importante en pacientes que toman Sintrom é a realización de artrocenteses ou puncións articulares xa que pode sangrar algo máis, e cómpre facelas tendo ben axustado o valor do INR.
Boa tarde. Qué medidas farmacolóxicas son mellores para tratar a artrite. Grazas.
Nas artrites crónicas como a artrite reumatoide, utilízanse antiinflamatorios e cortidoides como tratamento sintomático, é dicir, melloran os síntomas da enfermidade. Pero é necesario comezar o antes posible con tratamentos que controlen a progresión da enfermidade e modifiquen a súa evolución. Estes tratamentos son, por exemplo, o metotrexato, a leflunomida ou as terapias biolóxicas. A elección de cada tratamento para cada paciente depende de moitos factores que ten que avaliar o médico.
Por qué se pide la prueba de la tuberculina a los pacientes con artritis?
Se pide esta prueba a aquellos pacientes con artritis a los que se le prevé iniciar un tratamiento biológico. Se ha demostrado en múltiples estudios que las terapias biológicas aumentan el riesgo de reactivación de la tuberculosis latente (es decir, tener la prueba de la tuberculina positiva o haber estado en contacto con el bacilo de la tuberculosis pero sin desarrollar la enfermedad tuberculosa). En estos pacientes con la prueba de la tuberculina positiva, es necesario realizar un tratamiento previo a la terapia biológica.
Puedo tener niños sanos después de haber estado en tratamiento con metotrexato?
Sí. Durante el tratamiento y hasta 3-6 meses después de suspender el metotrexato se debe usar un método anticonceptivo apropiado debido al alto riesgo de malformaciones fetales puesto que es un medicamento teratógeno. Una vez pasado este tiempo y teniendo los niveles de ácido fólico en rango normal, no existe este riesgo.
La Asociación de Artritis me ofrece servicios de rehabilitación y fisioterapia?
Sí. Tenemos convenio con un fisioterapeuta con lo que los socios pueden disfrutar de cierto descuento en las tarifas. Además realizamos clases de Taichí, meditación y Chi kung que son muy beneficiosas para mejorar la movilidad de todas las articulaciones sin forzarlas.
Qué é unha rizoartrose e que medidas hai para que non siga avanzando?
Chámase á artrose localizada na base do pulgar. É dicir, cambios dexenerativos, desgaste na articulación que une o primeiro metacarpiano co carpo. O tratamento son calmantes e nalgúns casos pódese usar outros medicamentos para intentar freala como o Condroitin sulfato ou a glucosamina.
Como podemos contactar coa Asociación? Ten algunha localización dentro do hospital?
Poden contactar con nós a través do noso teléfono: 659 084 950 ou a través do noso correo electrónico: info@artrite-santiago.org e nós estaremos encantados de atendelos e ofrecerlles toda a información que precisen. Dentro do Hospital Clínico Universitario de Santiago hai unha área destinada ás asociacións de pacientes, no que en breve nos poderán visitar.
A qué outros órganos pode afectar a artrite ademais das articulacións?
Ademais das articulacións, pode afectar a músculos e tendóns. Dependendo da enfermidade que sexa, pode afectar a uns ou outros órganos como por exemplo, os ollos, os pulmóns, os rils, etc. A artrite psoriásica pode afectar a pel. A artrite idiopática xuvenil e as espondiloartropatías poden ter uveite. A sequedade dos ollos tamén é relativamente frecuentes nestas enfermidades.
Teñoi artrite reumatoide e estou intentando quedarme embarazada. Como pode afectar isto á miña enfermidade e o tratamento?
Os síntomas da artrite reumatoide en ocasións melloran espontáneamente durante o embarazo. O máis importante é planificar adecuamente o embarazo e consensuar co reumatólogo o momento ideal como por exemplo, estando a enfermidade en remisión ou con afectación lixeira. Ademais, é importante dicirlle ao reumatólogo a intención de quedarte embarazada o antes posible para utilizar os medicamentos máis axeitados. Pois, medicamentos, o metotrexato e a leflunomida débense suspender entre 3-6 meses antes.
Que ocorre se me quedo embarazada tomando metotrexato?
O máis importante é suspender o metotrexato e acudir ao teu reumatólogo o antes posible. É importante dar suplementacións de ácido fólico e acudir ao obstetra tamén rápidamente xa que está medicación pode ocasionar malformacións fetais.
Os tratamentos usados na artrite idiopática xuvenil e noutras artrites son para sempre?
Os tratamentos que intentan modificar o curso da enfermidade como o metotrexato non son necesariamente para sempre pero, dependendo da agresividade da enfermidade, ás veces tómanse moitos anos. O obxectivo con estes tratamentos é que desaparezan os síntomas e quede a enfermidade durmida. Unha vez a enfermidade estea en remisión, pódese valorar segundo cada caso, diminuir e incluso suspender o tratamento. Ás veces reaparecen os síntomas e hai que volver comezar co tratamento, pero outras veces non, e o paciente pode quedar o resto da súa vida sen tratamento.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia