Foro "O experto responde" - Día Mundial da Hemofilia (2013)
Obxectivos:
- Facilitar á cidadanía en xeral acceso á información actualizada sobre a enfermidade.
- Aclarar dúbidas aos coidadores, pacientes, familiares e cidadanía en xeral sobre o manexo desta enfermidade.
Profesorado:
- Dra. Susana Pérez Crespo. Médico especialista en Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
- Dna. Laura Quintas Lorenzo. Vicepresidenta da Asociación Galega de Hemofilia.
Programador:
Datas e hora de celebración
16 de abril de 18.00h a 20.00h a través da web: www.sergas.es/escolasaude no apartado Foro: O Experto Responde, onde ás 18.00 horas aparecerá "envíe agora as súas preguntas". A partir dese momento os expertos que participan no foro responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.
Nota:
Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.