Foro "O experto responde" - Día Mundial da Esclerose Múltiple (2014)
Obxectivos:
- Facilitar á cidadanía en xeral acceso á información sobre a ESCLEROSE MÚLTIPLE
- Aclarar dúbidas ós coidadores, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo desta enfermidade
Profesorado:
- José María Prieto González. Facultativo especialista en Neuroloxía do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
- Rosa Maria Villar Cordoves. Presidenta da Asociación Compostelana de Esclerose Múltiple ACEM.
Programador:
Datas e hora de celebración
17 de Novembro de 2014 de 18:00h a 20:00h a través da web: www.sergas.es/escolasaude no apartado Foro: O Experto Responde, onde ás 18:00 horas aparecerá "envíe agora as súas preguntas". A partir de ese momento os expertos que participan no foro responderán as cuestións plantexadas en tempo real.
Nota:
Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.