Escola Galega de Saúde Para Cidadáns

Foro "O experto responde" - Día Mundial das Enfermidades Raras (2013)


Obxectivos:


  • Facilitar á cidadanía en xeral acceso á información actualizada sobre as distintas enfermidades consideradas raras.
  • Aclarar dúbidas aos coidadores, pacientes, familiares e cidadanía en xeral sobre o manexo destas enfermidades.

Profesorado:


  • Dr. José Maria Oscar Prieto. Médico especialista de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitário de Santiago. Asesor médico da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).
  • Dna. Carmen López Rodríguez. Psicóloga clínica e Directora Técnica da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).

Programador:


  • Belen Fiuza Barreiro

Datas e hora de celebración

26 de febreiro de 18.00h a 20.00h a través da web: www.sergas.es/escolasaude no apartado Foro: O Experto Responde, onde ás 18.00 horas aparecerá "envíe agora as súas preguntas". A partir dese momento os expertos que participan no foro responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

Nota:

Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.

Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia