Foro "O experto responde" - Día Mundial da Diabete (2013)
Obxectivos:
- Facilitar á cidadanía en xeral acceso á información actualizada sobre a diabete.
- Aclarar dúbidas aos pacientes, coidadores e cidadanía en xeral sobre o manexo da diabete.
Profesorado:
- Dr. Roberto Peinó García. Endocrinólogo do Complexo Hospitalario de Santiago.
- Dna. Dolores Rama Vazquez. Presidenta da Federación de Diabéticos de Galicia.
Programador:
Datas e hora de celebración
18 de novembro de 18.00h a 20.00h a través da web: www.sergas.es/escolasaude no apartado Foro: O Experto Responde, onde ás 18.00 horas aparecerá "envíe agora as súas preguntas". A partir dese momento os expertos que participan no foro responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.
Nota:
Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.