Foro "O experto responde" - Día Mundial da Hemofilia (2015)
Obxectivos:
- Facilitar á cidadanía en xeral acceso á información sobre a enfermidade.
- Aclarar dúbidas ós coidadores, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo da enfermidade
Profesorado:
- Dra. Susana Pérez Crespo. Médica especialista en Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
- Dna. Laura Quintas Lorenzo. Vicepresidenta da Asociación Galega de Hemofilia
Programador:
Datas e hora de celebración
22 de Abril de 2015 de 18:00h a 20:00h a través da web: www.sergas.es/escolasaude no apartado Foro: O Experto Responde, onde ás 18:00 horas aparecerá "envíe agora as súas preguntas". A partir dese momento os expertos que participan no foro responderán as cuestións plantexadas en tempo real.
Nota:
Esta actividade non se considera formación continua para o persoal do Servizo
Galego de Saúde.