A guía de apoio para o programa do neno san recolle unha serie de recomendacións actualizadas sobre as actividades preventivas e de promoción da saúde máis axeitadas para a nosa comunidade. Os problemas de saúde abordados foron seleccionados pola súa frecuencia, impacto social, gravidade, a posibilidade de ser resoltos neste nivel asistencial e a existencia de actuacións preventivas sustentadas en criterios científicos, sen olvidar as expectativas dos usuarios. As recomendacións presentadas atenden a criterios de pertinencia, factibilidade, eficacia/efectividade, e aos recollidos en protocolos, programas institucionais e guías clínicas. Cada capítulo contempla un apartado de introdución e xustificación do tema seleccionado, de revisión da evidencia científica e conclúe coas recomendacións de actuacións preventivas.