O Programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas. Protocolizar os coidados constitúe un instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas vantaxas cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica así mesmo criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.