logo Conselleria
logo SERGAS

Catálogo de publicaciones

Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal (publicación electrónica)




Portada da publicación
  • Título:
    Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal (publicación electrónica)
  • Autor:
    Basanta Matos, Rocío [et.al.].
  • Idiomas:
    Gallego
  • Formato:
    Libro
  • Número de páginas:
    82
  • Edición:
    2020
  • I.S.B.N.:
    -
  • I.S.B.N. obra completa:
    -
  • I.S.S.N. galego:
    -
  • I.S.S.N. castelán:
    -
  • PVP:
    -

A morte dun fillo ou dunha filla durante o embarazo, o parto ou nas primeiras semanas posparto, non é un feito habitual pero si que é unha situación que require unha especial atención xa que provoca un forte impacto emocional dende o momento no que a muller e a súa parella, se é o caso, reciben a mala nova, polo tanto, precisa dun especial coidado por parte dos e das profesionais da saúde. Esta guía vai dirixida aos e ás profesionais sanitarios/as e non sanitarios/as do Servizo Galego de Saúde, co fin de mellorar a calidade da atención ás mulleres (xestantes ou puérperas), das súas parellas se é o caso, familia e persoas achegadas, ante unha situación de morte dun fillo ou filla, xa sexa unha morte xestacional, perinatal ou neonatal, no momento de recibir a mala nova, durante a atención ao embarazo, parto, puerperio inmediato así coma no seguimento puerperal posterior.


Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia