O presente informe avalía a viabilidade da implementación da estimulación cerebral profunda adaptativa (ECPa) para o tratamento da enfermidade de Parkinson (EP) avanzada. O avance desta tecnoloxía respecto á estimulación cerebral profunda convencional (ECPc) baséase na adaptación da estimulación emitida polo dispositivo aos cambios na actividade neural, desta forma, a administración do tratamento realízase dunha forma personalizada, o que permite unha melloría da sintomatoloxía e unha diminución dos eventos adversos derivados da sobre estimulación. Actualmente a administración da ECPa non dispón certificación do regulador para o seu uso no contexto europeo. Os resultados de estudos en marcha, que permitirán establecer a efectividade comparada destes dispositivos de ECPa fronte á ECPc, están pendentes de publicación.