logo Conselleria
logo SERGAS

Catálogo de publicacións

Proceso asistencial. Indicacións apropiadas de técnicas de imaxe cardíaca. Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (Edición bilingüe)




Portada da publicación
  • Título:
    Proceso asistencial. Indicacións apropiadas de técnicas de imaxe cardíaca. Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (Edición bilingüe)
  • Autor:
    -
  • Idiomas:
    Galego, Castelán
  • Formato:
    Libro
  • Número de páxinas:
    348
  • Edición:
    2023
  • I.S.B.N.:
    -
  • I.S.B.N. obra completa:
    -
  • I.S.S.N. galego:
    -
  • I.S.S.N. castelán:
    -
  • PVP:
    -

As técnicas de imaxe cardíaca (TIMAXC) experimentaron un grande avance nas últimas décadas. O seu uso no proceso diagnóstico e na toma de decisións terapéuticas con relación ás diferentes patoloxías cardiovasculares creceu de forma exponencial e leva, en ocasións, a un abuso con relación á súa indicación. Co fin de tentar organizar a utilización das TIMAXC, as sociedades científicas elaboraron recomendacións de uso apropiado destas. Ademais, nas guías de práctica clínica (GPC) de cada patoloxía recóllese un apartado con relación ao diagnóstico e indícase qué técnica se debe de utilizar en cada momento do proceso asistencial e a periodicidade do seu uso. O anteriormente mencionado, unido á tendencia para facer unha medicina defensiva e á crenza de que con mais probas de imaxe se consegue un mellor diagnóstico e tratamento do paciente, fai que sexa imprescindible organizar o uso das TIMAXC en cada centro evitando un aumento progresivo do gasto, que pode facer insustentable un sistema sanitario.


Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia