Documento dirixido á muller embarazada para ser ofertado polos profesionais que atenden á muller durante o embarazo e que permite a ésta e a súa parella, manifestar por escrito os seus desexos, necesidades, preferencias e expectativas en relación ao seu parto e nacemento do seu bebé.
Tamén facilita a relación de confianza e comunicación entre as usuarias e os prvedores de coidados durante o embarazo e o parto, e á vez, promove e facilita a toma de decisións informadas por parte da muller embarazada.
Por último, este documento responde á demanda tanto de profesionais como de usuarias e contribúe a cumprir as expectativas de cada muller, sentirse implicada, poder decidir e manter o control sobre o proceso do parto, factores que se relacionan coa satisfacción xeral da muller.