Neste informe técnico recóllense os resultados obtidos das análises de augas das zonas de baño habilitadas en Galicia, así como das áreas peripraieras, correspondentes á tempada do ano 2002, facéndose unha análise global da situación sanitaria destes concurridos espacios naturais e instalacións de lecer, ademais de mostra-los datos de evolución desta situación sanitaria para cada zona de baño, desde o ano 2000.