Trátase dun concurso europeo "Clases sen fume" que ten como obxectivo a prevención do tabaquismo. Remitirase ós centros docentes de Galicia nos que se imparten clases de 1º e de 2º da ESO. A documentación que integra este concurso consta dun folleto informativo, folla coas bases, ficha de compromiso da clase, ficha de compromiso do alumno, ficha de seguemento de participación e unha carpeta.