O cancro en adultos maiores supón un desafío sanitario pola maior vulnerabilidade aos efectos da quimioterapia e á deterioración funcional. O exercicio físico propónse como estratexia para mellorar a tolerancia ao tratamento e preservar a capacidade funcional. Esta revisión sistemática incluíu 11 estudos (783 participantes) que avaliaron programas de exercicio en persoas maiores con cancro antes, durante ou despois da quimioterapia. As intervencións foron principalmente multimodais e supervisadas ou semisupervisadas. Os resultados suxeriron que o exercicio é seguro, sen un aumento importante dos eventos adversos, e mostraron beneficios na forza do tren superior e na capacidade aeróbica. A evidencia sobre a capacidade funcional global e a calidade de vida foi heteroxénea, sen efectos consistentes sobre a mortalidade ou a supervivencia.