O Plan Estratéxico de Saúde Mental de Galicia 2026–2030 establece o marco de planificación para avanzar cara a un modelo de atención á saúde mental integral, comunitario, accesible e centrado na persoa. O documento parte da análise do contexto e das necesidades da poboación galega e articúlase en seis liñas estratéxicas —trastorno mental grave, infancia e adolescencia, idades avanzadas, trastorno mental común, programas e unidades monográficas e trastornos adictivos—, complementadas por catro liñas transversais relacionadas coa humanización e a loita contra o estigma, a coordinación e os sistemas de información, a investigación e innovación e a avaliación de resultados. O Plan concreta obxectivos, accións e indicadores para orientar as políticas públicas de saúde mental en Galicia durante o período 2026–2030.