Actualización da versión resumida do Protocolo do Programa de mellora da adherencia terapeútica a través da preparación e entrega de sistemas personalizados de dosificación (SPD), que desenvolve o proceso polo que determinadas persoas usuarias do Servizo Galego de Saúde poderán acceder a esta prestación. Actualiza os criterios que deben cumprir as persoas candidatas de xeito que o número de medicamentos xa non será requisito imprescindible par a súa inclusión no programa. Engádese o FAP como emisor de crédito, e tamén para a súa renovación. Despois da verificación do cumprimento dos criterios de inclusión, o/a farmacéutico/ca de Atención Primaria fai unha revisión da medicación e a oficina de farmacia prepara os dispositivos (SPD) dos pacientes incluídos para dúas semanas de tratamento.