O aumento do arsenal terapéutico na esclerose múltiple ofrece a posibilidade de individualizar os tratamentos e de que o paciente forme parte do proceso de elección deste, amosando as súas preferencias, unha vez que o neurólogo, analizadasas alternativas que mellor se adaptan ás súas circunstancias, lle presente os riscos e os beneficios das opcións dispoñibles. Esta realidade implica unha actualización dos protocolos dispoñibles no Servizo Galego de Saúde para adecualos ao contexto actual, segundo a evidencia xerada nos últimos anos, e intenta posicionar os tratamentos con base na súa eficiencia e na situación clínica do paciente. Por iso xordea necesidade de elaborar un único protocolo que recolla e posicione as distintas alternativas terapéuticas dispoñibles na actualidade.