A presente "Guía Práctica Guía práctica de úlceras da extremidade inferior. Guía nº2 (Actualizada 2024)" intégrase dentro da Colección de Guías prácticas de feridas do Servizo Galego de Saúde; dacordo coas liñas de acción promovida polo Programa Úlceras Fóra. Coordinada pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria desde o Servizo de Integración Asistencial e innovación da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.
Esta actualización confórmase coma unha síntese das últimas evidencias científicas en torno as mellores intervencións asistenciais e prácticas preventivas na abordaxe das úlceras da extremidade inferior.