O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida tratando o tema das novas infeccións da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informe sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non da enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, prácticas de risco e distribución temporoespacial.