A presente Guía Práctica de Feridas traumáticas agudas de partes brandas (Guía Práctica nº8)
intégrase dentro da Colección de Guías Prácticas de Feridas do Servizo Galego de Saúde (SERGAS);
de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do Programa Úlceras Fóra que
coordina a Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.
Esta guía confórmase coma unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou
terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con feridas traumáticas agudas nas partes
brandas, segundo a práctica clínica baseada na evidencia máis actual.