A importancia do diagnóstico precoz da infección polo VIH fai necesario un esforzo en mellorar a sensibilización dos profesionais sanitarios, especialmente de Atención Primaria, sobre o atraso diagnóstico desta infección. Esta guía enmárcase nas políticas de ONUSIDA que manifesta acadar no ano 2030 o control desta a través da estratexia 90-90-90, que consiste en diagnosticar o 90% das persoas infectadas polo VIH, tratar con tratamento antirretroviral o 90% das persoas a tratamento. En Galicia necesitamos facer un esforzo no diagnóstico, para mellorar a actual situación estimada no 18% de persoas infectadas sen diagnóstico.