Cada 1 de decembro, o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve a campaña do Día mundial da Sida. Nesta campaña faise unha distribución masiva de material divulgativo sobre o VIH en todos os centros de ensino de Galicia. Para continuar con esta actividade, actualizáronse os folletos de prevención do VIH e as demais ITS na mocidade. Non obstante, este folleto tamén pode distribuírse noutras campañas de información e sensibilización dirixidas á mocidade galega.