A obesidade está considerada como a epidemia do século XXI, sendo unhas das enfermidades crónicas non transmisibles á que é necesario prestar especial atención por ser causa de mortalidade precoz.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a través do Programa galego de actividades saudables, exercicio e alimentación, na súa procura de modificar os patróns alimentarios e de actividade física na poboación infantil, redactou o documento técnico do Plan para a prevención da obesidade infantil en Galicia “Plan Xermola”.
Entre as actividades divulgativas do Plan contemplouse o deseño de carteis co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables nas consultas de medicina xeral dos centros de saúde.