A alimentación é un dos factores primordiales para alcanzar un estilo de vida saudable capaz de asegurar ao individuo o nivel óptimo de saúde física e mental. A Consellería de Sanidade promoveu a realización desta enquisa alimentaria para obter información precisa sobre os hábitos e patróns de consumo alimentario da poboación galega. Os resultados da enquisa constitúen unha base fundamental para o deseño de intervencións de promoción da saúde e de prevención da enfermidade no ámbito da alimentación, nutrición e control dos alimentos.