O Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Un dos ámbitos básicos para a promoción de estilos de vida saudables é o ámbito laboral. PO proxecto piloto realizarase no edificio de San Lázaro da Consellería de Sanidade. As súas accións básicas son, entre outras, a realización dunha avaliación do nivel de práctica de actividade física dos traballadores e a colocación de sinais e indicacións recordatorios nos lugares ou puntos de toma de decisión (corredores, ascensores e escaleiras).
Este cartel colocarase ao carón das portas dos ascensores.