Co fin de dar resposta aos obxectivos marcados no Plan de Saúde para Galicia, en relación a mellora da información e axuda as persoas fumadoras, e no marco do Programa Galego da vida sen tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública e coa colaboración do Servizo Galego de Saúde, editáronse unha serie de materiais informativos dirixidos á poboación xeral e as persoas fumadoras en particular. Entre estes últimos encóntrase esta guía que recolle as razóns para deixar de fumar, as súas vantaxes e beneficios e consellos para deixalo e para manterse sen fumar