Informe que ten como obxectivo comparar e avaliar a efectividade e seguridade da Hemodiálise (HD) de alto fluxo, de alta eficacia e diferentes modalidades de hemodiafiltración (HDF). Levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura médica(MEDLINE, EMBASE, COCHRANE, etc). A selección dos artigos foi realizada por dous investigadores cuns criterios de selección previamente establecidos. Incluyéronse 35 artigos orixinais. Os resultados dos estudos parecen indicar que a mortalidade global é menor coa utilización da HD de alto fluxo en relación á HD convencional. Os resultados son discrepantes en canto aos beneficios sobre a anemia, estado nutricional ou factores de risco cardiovasculares. As diferentes modalidades de HDF non parecen ofrecer vantaxes significativas a curto prazo.