Espazo para asociacións de doentes
Obxectivos
- Facilitarlles apoio persoal a todos os afectados de lupus e aos seus familiares, residentes en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, proporcionando servizos de información e orientación sobre o lupus.
- Promover o estudo do lupus no terreo da investigación experimental e de novos tratamentos para evitar que os afectados sufran as incapacidades físicas que derivan dos graves efectos secundarios dos actuais tratamentos.
- Promover medidas orientadas á normalización das condicións de vida das persoas afectadas de lupus, independentemente do grao de incapacidade física ou sensorial da que poidan estar afectados, para acadar a súa plena integración na sociedade e evitar a exclusión social.
- Facilitar, promover e utilizar os medios lícitos de propaganda, publicidade, información ou difusión para dar a coñecer a Asociación Galega de Lupus, así como os problemas das persoas afectadas por esta doenza e os seus familiares.
- Colaborar coas administracións públicas para a prevención e tratamento do lupus, coñecendo e achegando suxestións a cantas leis e decretos, que no tocante aos pacientes de lupus, proxecten promulgar. Así mesmo, conseguir as axudas necesarias para o propio desenvolvemento da asociación.
- Desenvolver programas dirixidos á atención da muller lúpica, dende un enfoque multidisciplinario e integral, considerando que o 90% das persoas afectadas de lupus son mulleres.
- Establecer relacións con todas as asociacións de lupus, independentemente do seu ámbito de actuación.
Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Xunta de Galicia